Ás 12 h. na Coruña en defensa das pensións e dos servizos públicos
Marchas da Dignidade sábado 25 de febreiro
O vindeiro sábado 25 de febreiro ás 12 horas a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade manifestarase polas rúas da Coruña EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS e chamamos á participación de toda a afiliación, no convencemento de que este tipo de accións é fundamental se queremos preservar os servizos públicos.
Achegámosvos tamén os horarios dos autobuses dispoñíbeis dende as principais comarcas, vilas e cidades do país.
Animámosvos a que vos incorporedes á columna que prefirades facéndovos saber que, en todo caso, o punto de reunión das representantes sindicais do STEG será na columna 2 ás 12:00 h., onde estaremos visíbeis coas bandeiras da organización.
Deste xeito haberá dúas columnas cos percorridos que vos achegamos nos enlaces activos, que confluirán finalmente nunha soa columna rematando a manifestación nos Xardíns de Méndez Núñez:
Columna 1: Concentración e saída desde o Pazo da Ópera, Avda. Arteixo, Juan Flórez, Marcial del Adalid, Federico Tapia, Fontán hasta a súa chegada á Praza de Ourense.
NO PAZO DA OPERA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 1: Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Vigo, Morrazo, Pontevedra, Arousa, Barbanza, Compostela e A Estrada-Lalín.
https://goo.gl/maps/eJWNdZR2HfB2
Columna 2: Concentración e saída desde Campo da Leña, Panadeiras, Orzán, Pórtico de San Andrés, San Andrés, Praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoó e desembocadura na Praza de Ourense (coincidindo coa primeira columna nese punto).
NO CAMPO DA LEÑA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 2 : A Coruña, Ferrol, Monforte, Sarria, Lugo e a Mariña.
https://goo.gl/maps/h9Dh3vgFptE2
Marcha conxunta das dúas columnas: A partir da Praza de Ourense, as columnas van xuntas por Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Obelisco e remate en Méndez Núñes onde será o acto final.
Fanfarria Takicardia acompañará á primeira columna, e logo actuará tamén no acto final, onde haberá máis actuacións e terá lugar a lectura do Manifesto. Acompañando a columna tamén irá un grupo de animación disfrazado, que irá repartindo panfletos e dándolle alegría á manifestación.
https://youtu.be/Hm8PkBHkUVE
Na segunda columna tamén haberá animación e música por parte do mesmo grupo.
A idea é que nas columnas vaia xente disfrazada, é entroido e dende a organización anímase a se disfrazar a quen así o considere.
BUSES
O STEG forma parte de dita Plataforma e, dada a importancia das reivindicacións para o conxunto da cidadanía, anima a toda afiliación a participar nesta mobilización.
Agardando que a información sexa do voso interese e que asistades, recibide un saúdo,
STEG