O 16 de novembro, as Asembleas Abertas do Ensino Público van lanzar unha consulta en liña, completamente anónima, na que cada voto corresponde a unha persoa docente asociada a un enderezo de correo de edu.xunta.gal, para que todo o profesorado galego poida decidir escollendo entre as diferentes opcións de mobilización para este curso: desde grandes mobilizacións e folgas en decembro ata paros indefinidos ou alternos en marzo.
Podes consultar todos os detalles, preguntas e a ligazón para votar en https://enquisa.asembleasensino.gal/. A consulta estará activa até o 20 de novembro.
Despois de meses de traballo nos centros, recollendo as principais preocupacións do profesorado —ratios elevadas, falta de persoal, exceso de burocracia, deficiencias nas infraestruturas e falta de profesionais para atender adecuadamente o alumnado—, chega o momento de decidir colectivamente cal debe ser o seguinte paso. Escoitando a voz de todo o profesorado, tanto de quen está disposto a continuar mobilizándose como de quen ten dúbidas ou considera que deben explorarse outras vías.
Todas e todos nós decidimos o seguinte paso. Participa na consulta!


Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps