Está definida a Enfermidade Profesional no artigo 116.1 da Lei da Seguridade Social (R.D.L. 1/94, de 20 de xuño). A enfermidade profesional aparece como efecto dun axente moi concreto, non manifestamente externo, que soe actuar lenta e progresivamente. Así,unicamente se consideran legalmente enfermidades profesionais unha serie moi restrinxida de enfermidades previstas no cadro do Anexo do R. D. 1995/78,de 12 de maio,no que se fai referencia a un doble listado de actividades e enfermidades. O resto de enfermidades laborais, todas aquelas orixinadas polo traballo pero que non están no listado, non son enfermidades profesionais. Unicamente se pode conseguir que sexan consideradas como accidentes de traballo, tras un proceso xudicial longo e difícil no que se demostre a relación directa entre traballo e enfermidade.
|
Enfermidades profesionais en España. |
Mentras que o Estado español se sitúa á cabeza de Europa en canto ó número de accidentes de traballo, a incidencia das enfermidades profesionais é moi baixa. En 1977, cunha población asalariada de 10,3 millóns de persoas, rexistráronse máis dun millón de accidentes leves con baixa, máis de 10.000 graves e máis de 1.000 mortais; sen embargo somentes se recoñeceron 8.440 casos de enfermidade profesional -destacándose a suba das enfermidades músculo-esqueléticas-, xa que a normativa vixente é totalmente obsoleta: non recoñece o conxunto de enfermidades laborais. |
Polo recoñecemento das enfermidades profesionais no ensino |
O ESTRÉS E A SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO (BURN-OUT) |
Nestas docencias inflúen múltiples causas, aínda que basicamente existe unha desproporción entre as demandas de todo tipo que o conxunto da sociedade esixe ós/ás docentes e a falta de recursos materiais, humanos e persoais para facer frente ás mesmas de forma axeitada, eficaz e gratificante. |
Os factores que inciden máis claramente son:
|
As medidas de prevención serían, entre outras:
|
ENFERMIDADES MÚSCULO-ESQUELÉTICAS |
Inciden moi sensiblemente en colectivos como os de educación infantil, especial, profesorado de educación física e persoal de administración e servisios.
As causas radican na ausencia dun deseño ergonómico dos postos de traballo que xenera malas posturas, estar moitas horas de pe e en tensión, a carga de obxectos e persoas sen preparación nin medios axeitados, así como a existencia de barreiras arquitectónicas. A prevención, formación e rehabilitación dos dores de espalda, pescozo e extremidades esixe un traballo de identificación dos riscos en cada posto de traballo para o deseño ergonómico dos mesmos. Hai que dotar ós centros de recursos materiais e humanos que eviten a sobrecarga muscular e modificar as barreiras arquitectónicas |
OS PROBLEMAS DA VOZ |
A presenza de patoloxías orgánicas de voz no profesorado triplica as da poboación doutras profesións.
É unha enfermidade profesional que no seu grao máximo afecta a un total de 60.000 docentes en todo o Estado español. As causas radican no continuado esforzo da voz, na ausencia de equipos de traballo esixidos polo R. D. 1215/1997, no ruído e resto de condicións materiais das aulas. A prevención e formación da voz non está tampouco planificada desde as administracións públicas e empresas, así como faltan por realizar os estudios necesarios de medición de ruído nos centros actuais e futuros para reubicalos ou protexelos con pantallas de insonorización, así como ó deseño e materiais utilizados. A posta en marcha do conxunto de mecanismos previstos na Lei de Prevención de Riscos Laborais permitirá a identificación, valoración e prevención destas enfermidades laborais e, no seu caso, doutras que presentan tamén altos índices de incidencia, (enfermidades infecciosas, en vías respiratorias, cardiovasculares, etc). |
Desenvolvemento da campaña, unha proposta aberta |
As resistencias ao recoñecemento das enfermidades profesionais do sector do ensino son enormes, pero non son menores as persoas e organizacións que están dispostas a dar apoio a esta reivindicación. A nosa obriga é ser capaces, xunto con outras organizacións sindicais e institucións, de vertebrar a resposta adecuada. Puxemos en marcha a campaña: "Mellorar a Saúde Laboral", que pode desenvolverse no seguinte proceso: 1 Sensibilización e compromiso colectivo do profesorado en todos os centros de traballo: 2 Compromiso persoal do profesorado e implicación do conxunto da sociedade. 3 O terceiro paso será o recoñecemento das enfermidades profesionais dos docentes, mediante a adecuación da normativa actual á Lei de Prevención de riscos Laborais: modificación da Lei da Seguranza Social e do R.D.1995/78.Os mecanismos serian:
|
Se o conseguimos, vai supor un extraordinario avance para o ensino e para o resto da clase traballadora |
O logro da reivindicación que nos proferimos vai supor un fenomenal troco social: 1 Mellora das prestacións para os traballadores/as
Ademais, no caso de recoñecemento de enfermidade profesional:
2 Posibilítase intervir en prevención 3 Mellórase o Sistema Sanitario "Público"Xa que diminúen as actividades asistenciais e rehabilitadoras (redución da lista de espera e mellora da calidade asistencial), porque as enfermidades laborais, como continxencias que xurden no seo dunha relación laboral, deben ser cubridas polo empresario e consecuentemente polas entidades aseguradoras do risco. As implicacións económicas serian moi importantes. 4 Ampliaríase o recoñecemento de enfermidades profesionais ao conxunto da clase traballadoraTeñamos en conta a IV Enquisa Nacional de Condicións de Traballo, do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo: aparece con claridade como o 2,5% de traballadores di ter sido diagnosticado ou estar en trámite de diagnóstico dunha enfermidade profesional, pero que hai un 13% que demandou atención médica por un problema de saúde derivado do traballo -de novo, o encubrimento da enfermidade profesional. Polo tanto , se se rompese o obsoleto e restritivo marco normativo actual coa nosa iniciativa, beneficiaríanse ao conxunto de traballadores e traballadoras do Estado que padecen unha situación similar ao á nosa. |