STEG ó día · Formación

CURSO: Programación de SECUNDARIA para as oposicións

CURSO: Programación de SECUNDARIA para as oposicións

Desde o STEG poñemos en marcha o curso «Programación de SECUNDARIA para as oposicións», unha formación especialmente dirixida ao profesorado de  ESO e BAC que estea a preparar os procesos selectivos.

Trátase dun curso online de 30 horas, impartido por Alberto Fortes, cun grupo reducido dun máximo de 15 participantes, para facilitar unha formación práctica e personalizada. Terá lugar, un venres ao mes, en horario de 17:00 a 20:00 h, entre o 6 de novembro e o 4 de xuño.

 

Ao longo do curso traballaremos aspectos fundamentais para afrontar a programación nas oposicións:

Obxectivos:

1. Adquirir destrezas para o deseño da programacións na etapa de secundaria

2. Analizar o funcionamento da aplicación do PROENS

3. Coñecer a contextualización e secuenciación dunha programación didáctica

4. Mellorar a exposición da programación didáctica

Contidos: 

- Coñecemento do grupo e partes necesarias nunha programación para a oposición 
- Coñecemento da plataforma de PROENS de elaboración de programacións de secundaria  + currículum   LOMLOE
- Contextualización da programación didáctica 
- Relación de unidades didácticas, temporalización e secuenciación 
- Metodoloxía e elementos transversais  
- Medidas de atención á diversidade 
- Práctica docente  
- Outros materiais de apoio as unidades didácticas  
- Presentación e exposición  

 

Só 15  prazas, adxudicadas por orde de inscrición.
 

INSCRICIÓN

 

Datas das sesións: 6 de novembro, 11 de decembro, 15 de xaneiro, 12 de febreiro, 5 de marzo, 2 de abril, 16 de abril, 30 de abril, 14 de maio e 4 de xuño.

 

Prezo: 

270 € para persoas afiliadas ao STEG 

540 € para persoas non afiliadas

Divididos en  dous pagamentos: o primeiro pago agora e o segundo pago en febreiro

 

PAGAMENTO

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


Horario das sedes:

10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)

16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)

 

A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps


 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza