STEG ó día · Campañas · APÚNTATE Á PÚBLICA

Campaña ano 2023

Apúntate á SANIDADE PÚBLICA

E ti, xa és da pública?

clica no cartel para visualizar a campaña

Como ben sabedes, os funcionarios e funcionarias de carreira e o funcionariado en prácticas están adscritos a un réxime especial de Seguridade Social, a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE). Entre as particularidades de MUFACE está a posibilidade de elixir entre as prestacións médicas do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no noso país ou dunha serie de entidades médicas concertadas.

Durante todo o mes de xaneiro ábrese o período ordinario do ano no cal é posible solicitar o cambio de entidade sanitaria, facendo posible o cambio dende as empresas privadas con convenio ao SERGAS. Podedes obter toda información sobre o procedemento de cambio na páxina web de MUFACE. Pasos a seguir para o cambio de entidade.

Desde o STEG, sindicato profundamente comprometido coa defensa non só do ensino público máis tamén dos servizos públicos en xeral, animamos as nosas afiliadas e afiliados así como ao conxunto do profesorado galego a que neste período de cambio
de entidade sanitaria durante o mes de xaneiro elixan a opción da sanidade pública.

Por coherencia, por calidade e porque é necesario frear a privatización da sanidade.
En xaneiro, #@PásateáPública!

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
compostela@steg.gal

Ver en Google Maps
 

A CORUÑA

R/ Alcalde Asúnsolo 2 · Entrechán
15007 · A Coruña
Telf: 981 154 031
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps Ver en Google Maps

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Praza Curros Enríquez 1 · Oficina 201
36002 · Pontevedra
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza