Apúntate á SANIDADE PÚBLICA
clica no cartel para visualizar a campaña
Como ben sabedes, os funcionarios e funcionarias de carreira e o funcionariado en prácticas están adscritos a un réxime especial de Seguridade Social, a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE). Entre as particularidades de MUFACE está a posibilidade de elixir entre as prestacións médicas do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no noso país ou dunha serie de entidades médicas concertadas.
Durante todo o mes de xaneiro ábrese o período ordinario do ano no cal é posible solicitar o cambio de entidade sanitaria, facendo posible o cambio dende as empresas privadas con convenio ao SERGAS. Podedes obter toda información sobre o procedemento de cambio na páxina web de MUFACE. Pasos a seguir para o cambio de entidade.
Desde o STEG, sindicato profundamente comprometido coa defensa non só do ensino público máis tamén dos servizos públicos en xeral, animamos as nosas afiliadas e afiliados así como ao conxunto do profesorado galego a que neste período de cambio
de entidade sanitaria durante o mes de xaneiro elixan a opción da sanidade pública.
Por coherencia, por calidade e porque é necesario frear a privatización da sanidade.
En xaneiro, #@PásateáPública!