STEG ó día · Campañas · APÚNTATE Á PÚBLICA

Campaña curso 23-24

Apúntate á pública

O sistema educativo público está a sufrir unha agresión sen precedentes.
  A escola pública que temos non é perfecta, ten moitas eivas que mellorar. Precisamos elevar a calidade da formación das nosas fillas e fillos, para que sexan persoas cunha formación académica sólida; pero tamén deben ser persoas críticas, con capacidade para analizar a realidade e traballar por unha sociedade cada vez máis libre. 
 Por desgraza, os pasos que se están a dar dende o actual goberno galego van na dirección contraria á que precisa o noso sistema educativo.
 A verdade de fondo do actual contexto (só fai falta botar un vistazo á aparencia e corte dos anuncios da web da Consellería de Educación) é que hai unha política neoliberal que agrede o ensino público galego, que promove a diminución de recursos no mesmo en favor da educación concertada (onde se aumentou significativamente o profesorado dende 2009, ó contrario que na pública onde descendeu un 10%) e que promove a privatización efectiva de parte dela e dos seus servizos complementarios, estratexia xa moi desenvolta noutras comunidades gobernadas polo Partido Popular.

 Busca impedir unha educación de calidade para toda a cidadanía, a única que pode educar compensando desigualdades sociais. 
 Preténdese dispoñer de grandes masas de man de obra barata e submisa, de persoas ignorantes dos seus dereitos sociais e laborais, de persoas que estean dispostas a traballar todo o que faga falta co menos gasto posíbel, desviando aínda máis fondos para os centros concertados, que permite que se financien con diñeiro público aqueles centros que segregan alumnado por razón de sexo.
 En definitiva, promovendo que a escola, que vén sendo a garantía dunha formación universal e de calidade que asegura a igualdade de oportunidades, poida contribuír no futuro a remarcar as diferenzas sociais e económicas.
 A dignidade do futuro das nosas fillas e fillos está a decidirse nestes momentos. A responsabilidade que, como nais e pais temos, é enorme. Debemos evitar que a mocidade teña peores condicións de vida das que nós gozamos á súa idade.
É necesario que as nais e pais nos impliquemos na comunidade educativa, que axudemos a mellorar as condicións dos centros educativos nos que estudan as nosas fillas e fillos.
Dende o noso sindicato, tamén formado por nais e pais, queremos facerche chegar a urxencia da actual situación: A escola pública está en perigo, o futuro da formación das túas fillas e fillos depende das túas escollas, por iso neste mes que vas matricular a/o teu/túa filla/o, aposta pola escola pública, apóia. Esixamos que se centren aí os investimentos de todas/os nós para acadar un ensino público de calidade que contribúa ao reequilibrio das desigualdades, a inclusión e a xustiza social.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza