Celebramos a Begoña Caamaño
A Asemblea de Mulleres do STEG organiza un acto para lembrar e celebrar a Begoña Caamaño, unha voz imprescindíbel das letras, do feminismo e do pensamento crítico no noso país.
A cita será o sábado 18 de abril, ás 12:00 horas, na Casa do Taberneiro, en Compostela, nun encontro aberto arredor da gravación en directo dun podcast. Será un espazo para escoitar, compartir e poñer en común reflexións, coa condución de Marga Tojo e coas intervencións de Eli Ríos, Susana Sanches Aríns, Lucía Junquera e Pim Patinho.
Con esta actividade queremos render homenaxe a unha figura fundamental da cultura galega e do feminismo, ao tempo que abrimos un lugar de encontro e reflexión colectiva.
Para facilitar a organización, pregamos que as persoas interesadas se inscriban previamente na seguinte ligazón:
https://forms.gle/ZjJTxo7iEn8mZ4oz8
Animamos a afiliadas, afiliados e persoas achegadas a participar e a difundir esta convocatoria nos centros e entre a comunidade educativa.
Pódese consultar máis información no cartaz da actividade.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps