Obxectivos: xuntar ciencia e imaxinación de maneira que se utilicen algúns coñecementos científicos para recrearse e recrealos en contextos distintos aos do puro rigor científico para achegalos ao mundo da fantasía.
Trátase de extrapolar os coñecementos científicos a situacións diversas ou tamén dar respostas creativas aos descubrimentos científicos ou tecnolóxicos.
Obradorio de ciencia-ficción. Aínda que caben enfoques diferentes, un deles podería ser o da ciencia ficción, que se podería concretar na lectura e comentario de textos representativos dese xénero literario, xunto á produción polo alumnado de relatos ou contos desa natureza.
Tamén se pode incluír a visión de películas de ciencia ficción que posteriormente poden ser comentadas e debatidas polo grupo.
As actividades que nela se expoñen viran en torno á análise de posibilidades científicas que se expoñen nas películas e a súa revisión sobre a súa verosimilitude científica.