Secretaría da Muller · Artigos de Opinión

Coeducación: o tema sempre pendente

Nos últimos 25 anos temos experimentado 4 leis educativas diferentes. Os movementos feministas e o profesorado comprometido con cambios a prol da igualdade de oportunidades e recoñecemento histórico e científico das mulleres non temos decaído ante ningunha das reformas e contrarreformas esixindo unha escola coeducadora. Unha escola coeducado- ra, que se comprometa realmente coa educación para a igualdade.

A perspectiva non é nada alentadora, hai 15 anos coa reforma que se iniciaba coa LOXSE abríase a porta ao traballo sobre temas trans- versais, como a educación afectivo-sexual, a educación en valores de convivencia e bo trato, tan propios da cultura das mulleres e tan útiles para a prevención da violencia de xénero, a promoción da igualdade, do respecto e liberdade. Pouco a pouco fóronse esvaendo os principios e ideais que guiaban a reforma, e nunca se criaron os recursos, nin os tempos, nin os planos para afondar na coeducación. Hoxe, aparcada a contrarreforma que preten- día a LOCE, unha lei segregadora e sexista, e embarcadas nunha nova lei educativa, a LOE, non podemos permitirnos abandonar esta idea e perder a ocasión para enfrontar, aínda que sexa con retraso e sen unha experiencia previa sólida e avaliada, o reto de tentar construír unha escola coeducadora.
#emos algún apoio externo, escaso pero significativo, como son os capítulos dedicados a medidas educativas na Lei Integral de Prevención da Violencia de Xénero e na Lei Galega de Igualdade. Certamente son moi xerais pero danlle rango de lei ao que o movemento feminista e o profesorado comprometido coa coeducación sempre defendemos.

#emos bastantes problemas internos, desaparición dos temas transversais na nova lei, menos tempos para a coordinación de planos e programas e demasiadas cargas curriculares. Ademais, despois de evitar o debate sobre a necesidade e oportunidade dunha materia sobre igualdade, temos unha nova materia Educación para a Cidadanía, que non sabemos o que se espera dela e moito menos en que se pode converter.

Ao tempo, observamos un claro retroceso social: moitos/as pensan que a escola non é o lugar onde temos que traballar estes temas, que á escola se vai a aprender lingua, matemá- ticas e ciencias...E outros/as, con intereses no adoutrinamento moral de nenos e nenas, con- sideran “perigosos” materiais como a Guía para Chicas de María José Urruzola, utilizada desde os anos 90 como recurso coeducativo e agora retirada pola Consejería de Educación de Cas- tela A Mancha, gobernada polo PSOE, sen resistir a ofensiva do PP.

Así as cousas, non nos queda outra que tirar para adiante, e non decaer nunca nos obxectivos dunha escola coeducadora que sexa capaz de dar recoñecemento ás mulleres, superar os estereotipos de xénero que restrinxen a liberdade de homes e mulleres, respectar e valorar as diferenzas e mostrar outras masculinidades e feminidades máis libres.

Claro que todo isto non se consegue unica- mente coa vontade do profesorado e profesio- nais comprometidos coa coeducación. E necesario e urxente planificar e coordinar accións desde a administración educativa, introducir protocolos e pautas de intervención nos proxec- tos educativos e curriculares dos centros e nos plans de acción titorial, para que chegue planificada e coordinadamente a todas as aulas e todas as persoas que preparamos para construír outro mundo, máis xusto e igualitario.

Victoria Rei Mariño (Asesora enj igualdade)
Concha Fernandez (Profesora de Formación Profesional)

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza