STEG ó día · STEG opina

21-10-2011

Concentracións en defensa do programa

Preescolar na Casa


 
As traballadoras e os traballadores de Preescolar na Casa concentráronse, hoxe día 21, en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para dar a coñecer á sociedade o momento no que se atopan.

Este proxecto que atende a máis de 4.000 familias, que está na maioría dos concellos galegos, que defende a importancia educativa dos primeiros anos e que salienta o papel imprescindible de nais e pais na educación dos máis pequenos, apostando, ademais, polo valor da cultura e da lingua galegas, atópase nunha situación crítica, cun ERE debido ao enorme descenso das subvencións coas que subsistía.

Solicitan aos políticos que non abandonen un programa educativo que ten tanto prestixio e proxección internacional.

Amosaron o seu desexo de acompañar aos pais e ás nais na fermosa e complicada tarefa de educar aos fillos. E queren demostrar á Administración que cada euro investido nos Espazos Educativos de Preescolar na Casa constrúe un futuro mellor para as familias, para os nenos e as nenas, para a nosa lingua, para GALICIA.

Manifesto lido na concentración

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza