Relación prov de admitidas e excluídas e baremo prov das listas de 590016,590102, 590112 e 591205
A Consellería vén de publicar a Resolución do 4 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substit ucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario especialidadesmúsica (590016), análise e química industrial (590102), organización e proxectos de fabricación mecánica (590112); e no corpo de profesores técnicos de formación profesional especialidade de instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos (591205). Podes acceder ao resto da información aquí:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27440