Contra a violencia de xénero
Fin de semana tráxico
A Asemblea de Mulleres lamenta a tráxica fin de semana respecto da violencia machista
Cada vez que unha muller é agredida, asasinada, violada….cada vez que unha muller é vítima do terrorismo de xénero que se mantén e perpetúa (cada vez máis, aínda que resulte paradóxico nun país punteiro na consecución de leis que tentaron fomentar a igualdade entre sexos e xénero), cada vez que isto sucede a Asemblea de Mulleres sente un golpe, unha humillación e un valeiro. Imos contando as vítimas que non terán outra oportunidade porque lles arrebataron a vida e as botamos en falta, contamos ás vítimas que terán oportunidade a pesar das brutais malleiras ou agresións varias e nos sumamos á súa dor e desesperación. Esta fin de semana non podemos permanecer caladas cos nosos sentimentos, foi unha fin de semana de auténtico terror de norte a sur, deste a oeste, peninsular e insular…o machismo campou ás súas anchas e non vimos aínda ningún laio por parte das institucións estatais en relación. A vida ten valor na totalidade das etapas desta, o medo e o terror das mulleres ao machismo non se queda nas catro paredes dunha casa pois polo menos dúas das agredidas esta fin de semana non convivían co seu agresor, non todas teñen fillos e fillas, as súas vidas pareceron depreciarse conforme foron medrando nunha sociedade que se empeña en non ver que a violencia machista se cobra vidas de mulleres, de mulleres vivas. Xixón, A Orotava, Guardamar do Segura, Algemesí e Navarra…esta fin de semana foron as vosas veciñas, para o resto de pobos…ante a violencia machista, nin un paso atrás!
25 de xuño de 2012