Secretaría da Muller · Comunicados

DÍA INTERNACIONAL DA NENA

11 de outubro de 2022

O 19 de decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou non só o plan de promover os dereitos das mulleres senón tamén das nenas. A Declaración de Beijing foi a primeira en recoller especificamente os dereitos das nenas.

A necesidade de celebrar unha data en honor ás nenas non é mero antollo. En moitos países non se lles permite o dereito á educación ou quitáselles a idade temperá. Espérase de elas que traballen no fogar e teñan coidado dos seus irmáns pequenos.

Isto compróbase ao longo das súas vidas porque o seu analfabetismo vétalles o seu desenvolvemento persoal e cultural, e créalles un futuro escuro. En Níger, por exemplo, catro de cada cinco mulleres son analfabetas. De xeito paradoxal, en Occidente son as nenas as que máis logros académicos e mellores cualificacións acadan.

En África é maior o número de nenas que non acoden á escola que o de nenos. Falamos de países onde a maioría das familias viven na absoluta pobreza, con nenas e nenos que non teñen nin unha adecuada saúde nin nutrición, sumado moitas veces ás  situacións bélicas que viven estes países e que orixinan continuos desprazamentos que non dan continuidade a ningún tipo de educación nas escolas.

En América Latina esta situación mellora algo, pero sen chegar a ser o que queremos para as nosas nenas; moitas acceden á educación pero debido á súa situación familiar de pobreza e necesidade tamén deixan os seus estudos a unha idade temperá.

En Asia ata fai pouco tempo, e mesmo hoxe en día, continúa en maior ou menor medida a consideración de ter unha filla como unha desgraza. Unha anciá de Corea do Sur en 1996 berraba: “As nenas nin serven para nada nin valen para nada”. A explicación é que a xente non quere fillas porque non as consideran útiles para a familia, pois abandónana cando casan. A tradición dita que son os fillos varóns os que  quedan, os que herdan e manteñen os ritos do culto aos antepasados, e, que ocorre coas nenas? Que a moitas mátanas ao nacer. É certo que a día de hoxe nótase un incremento importante de nacementos de nenas, polo que queremos pensar que se empeza a valorizalas de xeito positivo.

En India hai un dito popular que é rotundo: “Criar unha filla é como regar o xardín do  veciño”. E tamén hai que  comentar a atrocidade que fan coas nenas en moitos países forzándoas a matrimonios pactados con señores maiores como na mesma India, Iemen, Afganistán e Etiopía, entre outros.

Nos países árabes, que dicir? As nosas nenas e mulleres non teñen dereitos nin oportunidades. Exipto é o peor país do mundo árabe no que concerne aos dereitos das nenas e mulleres, coa maior cantidade de acosos sexuais. Séguena de cerca Iraq, Arabia Saudita, Siria, Iemen e Afganistán.

Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical realizamos este pequeno pero importante repaso por algunhas das graves situacións que padecen as nosas nenas en moitos países do mundo. Que fixeron mal? Nacer mulleres.

Cremos que se está a facer moi pouco para salvar estas situacións dende os organismos e institucións que teñen a potestade de poder facer cambios nestes gobernos corruptos e machistas.

Por iso a Organización de Mulleres aposta polo empoderamento das nosas nenas e para iso traballamos, porque cremos que cada vez é maior o número de nenas que saben que si poden, que si é si, e non é non.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza