Profesorado · Retribucions · IRPF permisos maternidade/paternidade

Dende 2012 en diante

Reclamación das retencións vía IRPF dos permisos de maternidade e paternidade

A nosa asesoría xurídica vén de nos comunicar (logo de estudar dúas sentenzas sobre a cuestión de 3 de feb. de 2010 e de 6 de xullo de 2016, do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid), que ve viábel a reclamación para a devolución do IRPF correspondente á prestación por maternidade, no senso de que puidese resolverse favorabelmente aos intereses das traballadoras, no caso de ter disposto dun permiso de maternidade ou paternidade (dende 2012 en diante).

Esta interpretación abriu a vía á reclamación da devolución do IRPF, se ben o criterio da AEAT segue a ser que as prestacións complementarias que concede a Seguridade Social á muller durante a baixa maternal deberían considerarse unha renda e polo tanto terían que tributar. Así, as sentenzas do TSX de Madrid non establecen xurisprudencia, polo que nun primeiro momento deberase realizar o pago e, posteriormente, solicitar mediante reclamación  administrativa de PAGOS INDEBIDOS ingresar a devolución do achegado (sen custo ou risco para a solicitante).

O prazo para resolver esta solicitude é de 6 meses, transcorrido ese tempo, de non ter resposta favorábel, as interesadas deberán acudir ou non á vía xudiciaria.

Tedes na vosa man unha información que podedes considerar se estivestes nesta situación e tamén estará ben que llo comuniquedes ás compañeiras e compañeiros que coñezades que, no caso de quereren facer esa reclamación, se poñan en contacto co sindicato. Todas as persoas interesadas podedes facelo a través das nosas sedes provinciais, onde dispoñemos dos formularios pertinentes a tal efecto e vos podemos axudar, afondando na cuestión.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza