STEG ó día · Mobilizacións · Outras Mobilizacións

Día 21 de novembro en Vigo

Manifestación en defensa das pensións

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DAS PENSIÓNS

Os sindicatos CGT, CUT, SF-INTERSINDICAL, STEG e SE, acordamos saír, en defensa das pensións,  en manifestación baixo o lema “Salvemos as pensións” que será o vindeiro  día 21 de novembro en Vigo (20h. Praza de Fernando o Católico).

Despois de todos os recortes en servizos públicos, a suba da idade de xubilación aos 67 anos, a reforma laboral que permite o despedimento libre e demais agresións contra a clase traballadora, este Goberno lánzase a polas nosas pensións alegando o insostibilidade do sistema segundo o informe duns "expertos" nomeados para tal fin.

Mentres observamos como a clase política se instaura nun sistema de corrupción xeralizada, de prebendas económicas e amíguismos que fan ruborizar ao mundo enteiro, coa pasividade dos sindicatos maioritarios que fan do pacto a súa forma de supervivencia, aos traballadores e traballadoras, aplícansenos baixadas de salarios e pensións e castígasenos ao paro, aos desafiuzamentos, a eliminación e privatización dos servizos públicos, facendo cada vez máis insostible a nosa vida.

É hora de sacalos a todos das súas poltronas de ouro, de recuperar o que é noso e que nos están a roubar con patente de corso emitida polas elites financeiras co soporte dunha democracia burlesca que ri de todas e de todos nos.

Por todo isto, facemos un chamamento á poboación á participación na manifestación convocada o xoves día 21 de novembro en Vigo ás 20:00h. con saída da Praza de Fernando o Católico.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza