Secretaría da Muller · Comunicados

Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller

Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller

28 de maio

Desde fai xa máis de tres décadas estableceuse o 28 de maio como o Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller. Este día ten como propósito reivindicar o dereito á saúde das mulleres, sen restricións ideolóxicas ou de xénero, e ao longo de todo o seu ciclo de vida, facendo especial fincapé na parte mais esquecida da saúde feminina, a saúde sexual, reprodutiva e afectiva.

Algúns dos grandes retos da medicina son a Saúde Mental, en España o consumo de substancias psicoactivas, especialmente os antidepresivos, está disparado. Aínda se están avaliando os efectos a longo prazo que tivo a pandemia na poboación, pero os psiquiatras levan meses advertindo do aumento esaxerado da patoloxía mental en todos os sectores sociais, en especial na franxa da adolescencia. Segundo o último informe das Nacións Unidas, a saúde das mulleres e as nenas está influenciada pola bioloxía, relacionada co sexo, o xénero e outros determinantes sociais, porén, a ciencia que sostén esa saúde, non posúe unha visión feminista, é máis, a día de hoxe aínda hai múltiples estudos farmacolóxicos, nos que non está presente a perspectiva de xénero, tendo graves consecuencias na vida das mulleres, pois as investigacións farmacolóxicas e médicas teñen como obxecto un home de raza branca de 80 quilos de peso, sen ter en conta as variables físico-psíquicas das mulleres. Isto provoca que haxa enfermidades en auxe como os Trastornos do Espectro Autista (TEA) nas que as nenas están infradiagnosticadas, ao non ter test ou protocolos para elas.

Esta falta de visión feminista tradúcese en profesionais sanitarios e sociosanitarios cunha visión androcéntrica da saúde, o que fai que as enfermidades que afectan en exclusiva ou en maior medida ás mulleres estean infradiagnosticadas ou mesmo desmerecidas como patoloxías, como no caso da fibromialxia, a endometriose incapacitante ou o auxe dos trastornos psicolóxicos e a dependencia farmacolóxica de antidepresivos na poboación feminina.

Todo iso sen esquecer o auxe da violencia obstétrica, os problemas para interromper o embarazo de forma voluntaria, o auxe das enfermidades de transmisión sexual, a importación de costumes arcaicos e destrutores da identidade sexual feminina como son as mutilacións xenitais. A saúde das mulleres non só non está a ser protexida, senón que está a ser atacada desde os sectores máis retrógrados da sociedade atacando dereitos que pensabamos que estaban plenamente afianzados como son o dereito ao aborto e o dereito á educación sexo-afectiva (pin parental). É por iso que desde a Confederación Intersindical e especialmente desde a Organización de Mulleres facemos un chamamento público a todas as administracións para que cumpran o mandato constitucional de protexer a saúde das mulleres en todo o seu ciclo vital: infancia, adolescencia, mocidade, adultez e ancianidade.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza