Día das escitoras
Escritoras que abren camiño, nomes que non deben borrarse
O Día das Escritoras non é só unha data para encher bibliotecas, escolas e institucións de nomes de mulleres. É, sobre todo, unha oportunidade para lembrar que a literatura escrita por mulleres tivo que loitar durante séculos contra o esquecemento, a invisibilización e a vontade de deixala fóra do relato cultural.
Este ano, esta conmemoración ten un significado especial. En 2026 cúmprense cen anos da fundación do Lyceum Club Femenino, creado en Madrid en 1926 como un espazo de cultura, debate, amizade e liberdade para as mulleres. Aquela experiencia permitiu que moitas mulleres puidesen atoparse, ler, escribir, pensar e participar na vida cultural e intelectual do seu tempo. Cen anos despois, o seu legado continúa interpelándonos.
O lema deste ano, «Lyceum Club Femenino: as amigas como forma de liberdade», pon en valor unha idea que aínda conserva toda a súa forza: as mulleres que se axudan, que comparten coñecementos, que crean redes e que se dan voz unhas ás outras poden transformar a sociedade. O Lyceum foi, neste sentido, moito máis ca unha asociación cultural: foi un espazo de emancipación.
E precisamente por iso, este centenario debería facernos mirar tamén cara ao noso presente.
Porque, mentres recuperamos a memoria daquelas mulleres que abriron camiños hai cen anos, no País Valenciano asistimos a unha situación que nos obriga a preguntarnos que significa realmente preservar a memoria das nosas escritoras.
Falamos de Isabel-Clara Simó.
A escritora de Alcoi foi profesora de instituto, xornalista, directora de Canigó e autora dunha obra literaria extraordinariamente extensa. Escribiu novela, relatos, ensaio, artigos e literatura infantil, e foi unha das autoras máis lidas nas aulas valencianas. Entre os seus recoñecementos figuran o Premio Sant Jordi, a Creu de Sant Jordi, a Medalla de Ouro e o título de Filla Predilecta de Alcoi, a Medalla de Honra da Xarxa Vives d'Universitats e o Premio de Honra das Letras Catalás.
Por iso resulta especialmente significativo que este ano, cando celebramos o centenario do Lyceum Club Femenino e reivindicamos a necesidade de recuperar as voces das mulleres, se formulase retirar o seu nome do IES Isabel-Clara Simó de l'Alcúdia de Crespins.
Un instituto non é só un edificio. O nome que leva tamén educa. Ofrece referentes. Explica á mocidade que persoas consideramos dignas de seren lembradas. Cando poñemos o nome dunha escritora nun centro educativo
Asemblea de mulleres do STEG
Organización de Mulleres da Confederación Intersindical
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps