Secretaría da Muller · Comunicados

Día das escritoras

17 de outubro de 2022

O Día das Escritoras celébrase dende 2016, froito dunha iniciativa emprendida pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias e a Asociación Clásico e Moderno, o primeiro luns despois da celebración da festa de Teresa de Xesús. En 2022 coincide co 17 de outubro.

Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical queremos reivindicar o traballo e a traxectoria das escritoras, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia, debido a que ata o século XX considerábase que o traballo literario "non estaba feito" para as mulleres.

Habería que preguntarse por que nos séculos XVIII e XIX moitas delas agocháronse tras un pseudónimo masculino, como George Sand ou María Lejárraga, por poñer dous exemplos coñecidos.

Ou o que motiva que, a día de hoxe, aínda haxa mulleres que publican baixo siglas ambiguas, J. K. Rowling (Joanne Rowling) e R. J. Palacio (Raquel Jaramillo Palacio) entre outras. Alguén pensa de verdade que pode ser para conseguir máis lectoras e lectores? Segundo os últimos datos, parece que a tendencia está a cambiar: Publican menos, pero comezan a vender máis e a ser máis lidas.

Segundo os datos do Ministerio de Cultura, en 2021, dos máis de 66000 libros rexistrados no ISBN cun único autor, só o 37,9% correspondeu a escritoras fronte ao 61,8% de homes. Podemos pescudar en que sectores se mantén o desequilibrio. Mentres que na literatura infantil e xuvenil, nos libros de texto e nos textos científicos, as mulleres superan aos homes, o campo da creación literaria e das ciencias sociais segue a ser predominantemente masculino. Non obstante, das 50 obras máis populares en 2021, máis do 50% corresponderon a escritoras.

Outra cuestión é se merecen ser premiados. Nos últimos cinco anos, dous de cada tres dos dez premios literarios e comerciais máis coñecidos foron concedidos a mulleres, mentres que no mesmo período anterior, a proporción foi dun a tres. Un exemplo: a día de hoxe concedéronse 115 Premios Nobel de Literatura e, deles, 17 foron para mulleres, 8 dos cales déronse nos últimos 25 anos.

A porcentaxe de mulleres que len libros no tempo de lecer é significativamente superior á dos homes en todos os grupos de idade. O 69,6% das mulleres fronte ao 59% dos homes, segundo o Barómetro de Lectura 2021 da Federación de Gremios de Editores de España.

Parece que a sociedade está cambiando, e que se está a afianzar a idea de que as mulleres somos capaces e que paga a pena ler o que escribimos. Cada vez son máis as mulleres que teñen a súa ocupación no ámbito literario (escritoras, xornalistas, lingüistas) e cada vez son máis as que se encargan de grupos editoriais e discográficas independentes.

Porén, aínda está por acadar o recoñecemento social e unha presenza equitativa nos libros de texto. Algo que agardamos que se consiga canto antes.

Por iso, dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical reivindicamos o papel das escritoras, o seu recoñecemento e o seu lugar como autoras, tanto literarias como do resto dos ámbitos.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza