Secretaría da Muller · Comunicados

Día de acción global pola despenalización e legalización do dereito ao aborto

28 de setembro

Asumiuse o 28 de setembro como o Día pola despenalización do aborto, no marco do V Encontro Feminista de América Latina e o Caribe, realizado en San Bernardo, Arxentina, no ano 1990. Esta proposta foi feita pola delegación brasileira, polo significado da data 28 de setembro de 1888, cando en Brasil declarou a liberdade de ventres, asegurando a liberdade a todas as fillas e os fillos nados de mulleres escravas.

Todos os avances conseguidos en saúde sexual e saúde reprodutiva ata agora débense as loitas feministas e a súa capacidade de transformación das sociedades. Pero é sabido que os dereitos tardan moito en conseguirse e un suspiro en perderse, especialmente, todos aqueles dereitos humanos que teñen que ver coas mulleres. En Estados Unidos, este ano, o aborto deixou de ser un dereito constitucional tras 50 anos en que si o foi. En España vemos os intentos das políticas de dereitas de frear os avances, e á igrexa mandando rezar a coros nas portas das clínicas, asunto que por fin está penado no Código Civil.

As leis sobre aborto varían drasticamente en todo o mundo: nalgúns países é unha decisión persoal (China, Porto Rico, España…), noutros é completamente ilegal (Nicaragua, Honduras, Andorra…), e en moitos países os abortos só se aceptan en certas situacións, como malformacións fetais, risco para a saúde ou en casos de violación (Siria, Mónaco, Brasil…).

En España a reforma da Lei do Aborto segue en trámite parlamentario. Procura devolverlle a capacidade de decisión ás menores de 16 anos como na Lei do 2010, esixe que a educación afectivo sexual sexa obrigatoria en todas as etapas da ensinanza obrigatoria e que sexan os centros sanitarios públicos máis achegados ao domicilio quen practiquen os abortos. Elimínanse tamén os tres días de reflexión, cuestión que infantilizaba ás mulleres, que teñen que pospoñer a súa decisión, recoñécese o dereito á incapacidade temporal por aborto, e o acceso gratuíto á “píldora do día despois” en centros de saúde e hospitais públicos.

Incide a lei de novo na creación dun rexistro de obxectores de conciencia. Agardamos que esta vez as Comunidades Autónomas cumpran levando este rexistro, que ata o de agora, na maioría, non foi posto en marcha. Aínda que custe crelo, recóllese por primeira vez que quen se declare obxectora ou obxector non poderá practicar abortos tampouco na sanidade privada, e que se debe garantir formación específica de profesionais en saúde sexual e saúde reprodutiva, e a práctica clínica respecto da interrupción voluntaria do embarazo.

Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical esiximos que se aceleren os prazos para sacar a modificación da lei o antes posible, e estaremos atentas aos mecanismos que garantan o seu cumprimento íntegro en todos os territorios do estado español. Denunciaremos aos gobernos que non cumpran coa lei.

Seguimos e seguiremos esixindo, para todos os países, regulacións lexislativas que contemplen o dereito ao aborto para todas as mulleres, polos dereitos humanos, pola liberdade, e polo noso dereito a decidir.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza