#EagoraQue #EntónQue
É posíbel que nos últimos meses vos fixerades a mesma pregunta ca nós. #EagoraQue #EntónQue?
Como ben sabedes, nos meses de novembro e decembro de 2023 o STEG, conxuntamente coa CIG e o CSI-f, levou adiante diferentes mobilizacións para a superación do Acordo de Mellora que a Consellería asinou con algúns sindicatos do ensino público.
Xornadas de folgas, concentracións nos centros, manifestacións nacionais así como concentracións en diversas vilas e todas as cidades do país fixeron que miles de docentes, independentemente da súa filiación sindical, fixeron que miles de docentes se fosen sumando ás mesmas, froito da insatisfacción con dito acordo e o malestar existente dentro da comunidade educativa.
Nos meses de xaneiro e febreiro de 2024 recollemos sinaturas para a superación do Acordo que superaron o 60% das traballadoras e traballadores do ensino público.
O resultado electoral froito da victoria do PP deixou en suspenso os obxectivos que nos marcaramos en relación a este Acordo. Pero unha vez coñecido o horizonte neste novo ciclo para as traballadoras e traballadores do ensino público, o STEG quere abrir camiño e achegar ideas entre todo o profesorado galego para explorar novas vías de acción sindical no camiño de superar o Acordo de Mellora.
O vindeiro LUNS 6 DE MAIO ÁS 19 H. vía Zoom, queremos convidarte a un Encontro Virtual Aberto que nos permita reemprender a loita sindical, no camiño de acadar as condicións de traballo que este Acordo aínda non recolle. Por todo iso, precisámosvos.
Para inscribirte en liña, podes facelo a través deste sinxelo formulario e achegámosche en adxuntos o cartaz do Encontro: https://forms.gle/v9DJitjjHLsP5hbg8
Agardando poder contar coa túa presenza e as túas aportacións, recibe un saúdo afectuoso