Prezada/o compañeira/o do ensino público,
Dirixímonos a ti dende as portas do despacho do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, a quen lle viñemos entregar en man o seu boletín de notas que, como poderás intuír, contén moitas materias suspensas. Ao tempo, traémoslle tamén un decálogo de puntos de negociación urxente para aprobar na defensa da calidade do ensino público galego, o cal che adxuntamos.
Como non nos atende, estamos pechadas neste momento.
Agardando que a información sexa do teu interese, recibe un saúdo e azos para este final de curso, atentamente,
STEG