STEG ó día · STEG opina

06-11-2014

Esiximos a súa retirada polos seus fins economicistas en detrimento da calidade educativa

Proxecto Real Decreto de Especialidades de Secundaria

O MECD, co desenvolvemento da LOMCE, pretende a reconversión do profesorado con fins economicistas en detrimento da calidade educativa

 

 

Segundo o texto presentado, quérese proceder con este proxecto a “establecer unha nova asignación de materias do currículo ás distintas especialidades dos corpos docentes que, tendo en conta as necesidades de titulación e de cualificación requiridas pola ordenación xeral do sistema educativo, permita ás Administracións educativas e ás direccións dos centros elaborar unha proposta pedagógica o máis ampla posible, de acordo coa natureza e as necesidades específicas de cada centro”.

 

 

 

O obxectivo real é, como se ve sobre todo no Anexo V, que por exemplo o profesorado de Filosofía imparta Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou que o de Asesoría e Procesos de Imaxe faga o mesmo con Bioloxía. É dicir, que as Administracións educativas, cando as necesidades dun centro así o requiran, poidan asignar outras materias distintas ao profesorado dunha determinada especialidade. En cambio, permítese a contratación discrecional de persoal con dubidosa titulación para a docencia en linguas extanjeras.

 

 

En realidade, trátase dunha desregularización das especialidades docentes coa intención de compactar as plantillas e desbotar flecos horarios, o que levará á perda de miles de postos de traballo entre o colectivo interino e graves prexuízos, non só para a calidade educativa, senón tamén para a igualdade do ensino, xa que dificultará gravemente a Atención á Diversidade.

 

 

O STEG manifestou o rexeitamento absoluto a este novo Real Decreto de Especialidades e esixe ao MECD a súa retirada.

 

 

Secretariado Nacional do STEG
6 de novembro de 2014

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza