O Tribunal Supremo desestimou un recurso presentado pola Consellería de Educación contra unha sentenza do TSXG na que se lle obrigaba a ofrecer ao persoal funcionario e laboral docente os recoñecementos médicos anuais que regula o artigo 22 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.
Isto significa que a Xunta debe prestar a cobertura necesaria para que se execute o dereito á vixiancia da saúde que, desde hai 17 anos, a lexislación laboral obriga a cumprir a todas as empresas e administracións e que no caso dos e das profesionais do ensino non se levaron nunca a cabo, dando así, un trato discriminatorio a un colectivo de aproximadamente 30.000 traballadoras e traballadores.
Adxuntamos petición presentada no Rexistro da Xunta.
pdf co documento