Profesorado · Convocatorias anuais · Para o profesorado · Fondo de Acción Social - Vixilancia periódica saúde

Fondo de Acción Social

 Criterios repartición fas 2014 para axudas para a atención de persoas con discapacidade -
Os prazos para solicitar o FAS serán
- Xeración de solicitudes: 18 marzo - 13 abril
- Certificación: 14 de abril - 30 de abril
- Presentación por rexistro: 1 de maio - 20 de maio

FAS 2013
Criterios repartición fas 2013 para axudas persoas discapacitadas - Modificación dos criterios de repartición

Os prazos para solicitar o FAS serán
- Xeración de solicitudes: 15 maio - 2 xuño
- Certificación: 3 de xuño - 19 de xuño
- Presentación por rexistro: 20 de xuño - 7 de xullo
FAS 2012

Criterios repartición fas 2012 para axudas persoas discapacitadas - Listaxe provisional de axudas aprobadas e denegadas - Listaxe definitivo de axudas aprobadas e denegadas fas 2012


O Fondo de Acción Social para o ano 2012 só reparte axudas para a atención de persoas discapacitadas debido á Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza.

Os prazos para solicitar o FAS serán

- Xeración de solicitudes: 09 abril - 25 abril
- Presentación en servizos de persoal: 26 abril - 14 maio
- Presentación por rexistro: 15 maio - 3 xuño


FAS 2011

Resolución definitiva
axuda para a atención de persoas discapacitadas DOG - Correción erros
enlace coa páxina web do FAS

 

 

O Fondo de Acción Social para o ano 2011 só reparte axudas para a atención de persoas discapacitadas debido á Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza.

Os prazos para solicitar o FAS serán

- Xeración de solicitudes: 18 maio - 4 xuño
- Presentación en servizos de persoal: 5 xuño - 21 xuño
- Presentación por rexistro: 22 xuño - 9 xullo

 

 


FAS 2010

Listaxes definitivas
Resolución provisional Prazo de reclamación ata o 24 de outubro Enlace para consultar
Convocatoria Prazo presentación ata o 28 de febreiro
As instancias cubriranse vía web. Enlace para cumplimentar a solicitude

 

CARACTERÍSTICAS DA CONVOCATORIA

 

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:
 • Ante as unidades de persoal: do 09 de febreiro ata o 28 de febreiro de 2011.
 • As unidades de persoal devolverano ás persoas peticionarias ata o 25 de marzo.
 • A presentación das solicitudes conformadas ata o 20 de abril.

FALSIDADE NAS SOLICITUDES:
A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida, dará lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida.
Poderá dar lugar, así mesmo, a imposibiidade de solicitar as axudas do FAS durante un prazo de 5 anos.

As axudas por xubilación e por gastos sanitarios, exceptúanse da aplicación do baremo.

TIPO DE AXUDAS:

Á xubilación
Beneficiarios: quen se xubilase ou quedase en situación de invalidez permanente no ano 2010.
Quen perciba importes por terse xubilado acolléndose á xubilación anticipada LOE, non poderá percibir importe algún deste FAS, xa que son incompatibles.
O persoal xubilado por incapacidade permanente para o servizo ou forzosa por idade, que teña a condición de mutualista de Muface, deberá solicitar á dita mutualidade o subsidio de xubilación.
Documentación: non é necesaria, a concesión faina de oficio a Administración.

Para a atención a persoas discapacitadas
Requisitos: ter baixo a súa dependencia directa e vivindo as súas expensas familiares en 1º grao discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais.
Documentación:
• Para os fillos causantes: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia de todas as follas do libro de familia, se o discapacitado é maior de 16 anos, certificado da vida laboral desde o 01-01-2009 e certificación de facenda dos ingresos íntegros no ano 2009, se é o caso.
• Para ascendentes, cónxuxes ou tutelados: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia do DNI do discapacitado, fe de vida do discapacitado, xustificación do parentesco co solicitante, certificado de convivencia, vida laboral do discapacitado, certificado de pensións do INSS do discapacitado correspondente ao ano 2009 e certificación de facenda dos ingresos íntegros no ano 2009, se é o caso.

Por fillos e fillas menores
Beneficiarios: quen teña fillos e/ou fillas que non acaden a idade de escolaridade obrigatoria - nados entre o 01-01-2005 e o 31-12-2010.
Documentación: copia do libro de familia onde figuren edición, serie e número, cónxuxe e fillos, agás o que xa foi beneficiario desta axuda no 2009, e non opten pola modalidade de baremo.

Para estudos por fillos e fillas
Beneficiarios: quen teña fillos e/ou fillas nados antes do 01-01-2005 e cursando estudos de primaria, ESO, bacharelato, FP, universitarios (excluídos os que teñan matricula subvencionada) ou outros de caracter oficial.
Documentación: instancia oficial, copia da totalidade das follas do libro de familia agás os causantes aprobados no 2009 e non se acollan á modalidade de baremo, copia da matrícula, documentación de ter aboada a matrícula do 2010/2011

Para estudos do traballador ou traballadora
Beneficiarios: quen este cursando estudos que dean lugar a obtención dun título oficial, así como estudos de nivel intermedio ou avanzado en EOIs. No ámbito da universidade e EOIs, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.
Documentación: instancia oficial, copia cotexada da matrícula e de ser o caso documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do 2010/2011.

Por adquisición de vivenda
Beneficiarios: quen adquira, individualmente ou en copropiedade, a súa única vivenda no ano 2010. Esta axuda é por unha única vez. O profesorado interino docente e o persoal laboral non fixo, non teñen dereito a esta axuda.
Documentación: instancia oficial; escritura notarial realizada no ano 2010 (no caso de compra de vivenda) ou certificado final da obra, expedido por facultativo competente, visado polos colexios oficiais de aparelladores e arquitectos (no caso de autoconstrución); copia DNI; copia da cartilla de afiliación á SS, Muface...; informe de propiedades a nivel estatal; declaración do solicitante de non ter recibido axuda de igual natureza; certificación expedida por Muface; Muxexu,...,na que conste expresamente que o solicitante non recibiu axuda para vivenda con cargo a estas entidades na convocatoria de 2010.

Axuda de maiores a cargo
Beneficiarios: quen teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas o cónxuxe, familiares de 1º ou 2º grao que teñan 65 ou máis anos e cuxos ingresos íntegros non superen os 8.736 euros. Esta axuda é incompatible coa axuda, deste fondo social, de discapacitados.
Documentación: instantia oficial; DNI do maior; xustificación do parentesco; certificado de convivencia expedido polo concello de todas as persoas convivintes no domicilio; fe de vida do maior; certificación de pensións do INSS correspondente ao ano 2009; copia da declaración de renda do 2009 de facenda do causante (non será necesaria se percibe pensión de xubilación ou por incapacidade permanente absoluta).

Gastos sanitarios do traballador ou traballadora
• Axuda por tratamentos e próteses buco-dentais, audiovisuais e/ou ortopédicos sempre que o seu importe, individual ou en conxunto, sexa igual ou superior a 135 euros. O importe máximo a percibir neste punto será de 105€.
• Axudas para a adquisición de produtos específicos para a alimentación de celíacos e trastornos similares de intolerancia a alimentos de carácter xenérico, destinados ao solicitante, cónxuxe, parella de feito ou fillos/as. O importe máximo a percibir neste punto será de 105€.
Documentación:
- Para os tratamentos e próteses: fotocopias compulsadas das facturas orixinais.
- Para os gastos alimentarios: Informe do facultativo no que figure a intolerancia padecida,  copia detallada das follas do libro de familia, agás os causantes aprobados no ano 2009 (no caso de solicitarse para persoa distinta do, ou da solicitante), certificado conxunto de convivencia ou empadroamento expedido polo concello (se o causante é parella de feito).


FAS 2009

Listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas -  Enlace coa páxina

 Listaxes provisorias das axudas aprobadas e denegadas  Hai que introducir o NIF e o código de impresión da solicitude  DOG, 09/09/2010

Convocatoria 2009 - (DOG 12-01-2010). Corrección erros - (DOG 04-02-2010)

As instancias cubriranse vía web. Enlace para cumprimentar a solicitude.

Características da convocatoria

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:
Ante as unidades de persoal: do 12 de xaneiro de 2010 ata o 26 de febreiro.
As unidades de persoal devolverano ás persoas peticionarias ata o 18 de marzo
A presentación das solicitudes conformadas ata o 30 de abril.

TIPO DE AXUDAS:

Á xubilación
Beneficiarios: quen se xubilase ou quedase en situación de invalidez permanente no ano 2009.
Requisitos: ter presentado a solicitude de subsidio de xubilación a Muface.
Documentación: non é necesaria, a concesión faina de oficio a Administración.

 
Para a atención a persoas discapacitadas
Requisitos: ter baixo a súa dependencia directa e vivindo a súas expensas familiares en 1º grao discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais.
Documentación:
Para os fillos causantes: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia de todas as follas do libro de familia, si está en idade laboral certificado da vida laboral desde o 01-01-2008 e certificación de facenda dos ingresos íntegros no ano 2008, se é o caso.
Para ascendentes, consortes ou tutelados: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia do DNI do discapacitado, fe de vida do discapacitado, xustificación do parentesco co solicitante, certificado de convivencia, vida laboral do discapacitado, certificado de pensións do INSS do discapacitado correspondente ao ano 2008.

Por fillos e fillas menores
Beneficiarios: quen teña fillos que non acaden a idade de escolaridade obrigatoria - nados entre o 01-01-2004 e o 31-12-2009.
Documentación: instancia oficial e copia do libro de familia onde figuren edición, serie e número, cónxuxe e fillos, agás os que xa foi beneficiario desta axuda no 2008, e non opten pola modalidade de baremo.

Para estudos por fillos e fillas
Beneficiarios: quen teña fillos nados antes do 01-01-2004 e cursando estudos de primaria, ESO, bacharelato, FP, universitarios (excluídos os que teñan matricula subvencionada) ou outros de caracter oficial.
Documentación: : instancia oficial, copia da totalidade das follas do libro de familia agás os causantes aprobados no 2008 e non se acollan á modalidade de baremo, copia da matrícula, documentación de ter aboada a matrícula do 09-10

Para estudos do traballador ou traballadora
Beneficiarios: quen este cursando estudos que dean lugar a obtención dun título oficial, así como estudos en EOIs.
Documentación: instancia oficial, copia cotexada da matrícula e de ser o caso documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do 09-10.

Por adquisición de vivenda
Beneficiarios: quen adquira a súa única vivenda no ano 2009. Esta axuda é por unha única vez. O profesorado interino docente e o persoal laboral non fixo, non teñen dereito a esta axuda.
Documentación: instancia oficial; copia do acto, simple ou xa rexistrado no Rexistro da Propiedade, da formalización da compravenda escriturada ante notario no ano 2009 ou certificado final da obra visado polos colexios oficiais de aparelladores e arquitectos (no caso de autoconstrución); copia DNI; copia da cartilla de afiliación á SS, Muface...; informe de propiedades a nivel estatal; declaración do solicitante de non ter recibido axuda de igual natureza; certificación expedida por Muface; Mugeju,...,na que conste expresamente que o solicitante non recibiu axuda para vivenda con cargo a estas entidades na convocatoria do 2009.

Axuda de maiores a cargo
Beneficiarios: que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, familiares de 1º ou 2º grao que teñan 65ou máis anos e cuxos ingresos íntegros non superen os 8400 euros. Esta axuda é incompatible coa axueda, deste fondo social, de discapacitados.
Documentación: instantia oficial; DNI do maior; xustificación do parentesco; certificado de convivencia expedido polo concello de todas as persoas convivintes no domicilio; fe de vida do maior; certificación de pensións do INSS correspondente ao ano 2008; copia da declaración de renda do 2008 de facenda do causante (non será necesaria se percibe pensión de xubilación ou por incapacidade permanente absoluta).

Gastos sanitarios do traballador ou traballadora
Axuda por tratamentos e próteses buco-dentais, audiovisuais e/ou ortopédicos sempre que o seu importe, individual ou en conxunto, sexa igual ou superior a 150 euros. O importe máximo a percibir neste punto será de 105€.
Axudas para a adquisición de produtos específicos para a alimentación de celíacos e trastornos similares de intolerancia a alimentos de carácter xenérico, destinados ao solicitante, cónxuxe, parella de feito ou fillos/as. O importe máximo a percibir neste punto será de 105€.
Documentación: fotocopias compulsadas das facturas orixinais, para os tratamentos e próteses e Informe do facultativo no que figure a intolerancia padecida, para os gastos alimentarios.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza