Fraseoloxía visual en galego
FRASEOLOXÍA VISUAL EN GALEGO
Desde o SNL da Universidade de Santiago chéganos estes vídeos con fraseoloxía en galego. Aínda que o labor do SNL se circunscribe ao ámbito universitario, fan algúns produtos que poden interesar fóra deste eido. É dicir, á parte de crear léxicos específicos que interesan principalmente a unhas poucas persoas que traballan en ámbitos moi concretos, tamén fan outras cousiñas que lle poden interesar a todo o mundo. Estes produtos son os que nos propoñen para compartir coa comunidade docente galega.