Profesorado · Oposicións · Oposicións 2022 · Todos os corpos

Grave erro na formulación do exame

PES Especialidade Debuxo

O 19 de xuño ten lugar a primeira proba do concurso – oposición para o corpo de PES, especialidade Debuxo.

No Anexo VI da Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso  aparece para a especialidade de Debuxo a seguinte indicación:

O exercicio práctico consistirá no seguinte:

a) Resolución de dous exercicios sobre diferentes sistemas de representación gráfica.

Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha.

As persoas que elixiron a opción A atopáronse con dous exercicios que se resolvían co mesmo sistema de representación gráfica, e a maiores, un deles non tiña solución. Isto xerou que estas aspirantes quedaran atascadas deixando sen resolver apartados do mesmo pola imposibilidade de avanzar na resolución.

O 27 de xuño os tribunais publican unha nota informativa ao respecto do 1º exame que di o seguinte:

Os tribunais do proceso selectivo para o acceso ao corpo de Profesorado de Ensino Secundario da especialidade de DEBUXO, detectado un erro no enunciado do exercicio 2 da Opción A da proba correspondente a Sistemas de representación e co fin de actuar en condicións de equidade, mérito e capacidade dos aspirantes, adoptarán a medida de compensar a cualificación correspondente a dito erro nos outros apartados da rúbrica de corrección.

Consideramos insuficiente a proposta do tribunal para solucionar a situación xerada por imprecisións  que levaron a confusión e un grave erro na formulación dos exercicios da opción A. Non só hai que atender ao aspecto meramente obxectivo da proba e a compensar a cualificación noutros apartados, senón que nun procedemento deste tipo entran en xogo a parte emocional, os nervios e a tensión que o acompañan de forma natural, e a ansiedade e o bloqueo ao enfrontarse a un exercicio irresoluble.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza