Grazas compañeiras:
Despois dunha intensa campaña, chegou o intre de darvos as grazas polo traballo feito e pola vosa confianza, non só durante estas semanas de campaña electoral, senón durante todos estes anos de traballo na defensa dos nosos dereitos como traballadoras esenciais na construcción do futuro deste país.
Queremos tamén pedirvos a vosa confianza, nun contexto de grande complexidade tanto nos centros coma na actividade sindical. Afiliadas e compañeiras responderon coma en tantas ocasións ó chamado do STEG e déronnos un apoio polo que non podemos estar máis agradecidas. O STEG mantivo representación sindical en todo o país e pode afrontar con optimismo o seu futuro.
Porén, non podemos esquecer que as eleccións son só un máis dos períodos da actividade sindical. Nos vindeiros catro anos a nosa organización terá que responder a novos desafíos e está lista para facelo, sempre fiel a un ideario marcado pola defensa da escola pública, o feminismo, o laicismo e a independencia respecto a calquer interés alleo aos das traballadoras e traballadores do ensino público. E presente no día a día en todas as problemáticas que afectan ás docentes: no profesional e no persoal, na escola infantil e na formación profesional, na primaria e a secundaria.
Só deste xeito poderemos, cun continuo traballo a prol das compañeiras e compañeiros, axudar a construír o futuro dunha sociedade mellor e máis xusta. Así o faremos durante os vindeiros catro anos, coa seguridade e a forza que nos outorga o voso apoio.
Moitas grazas!