STEG ó día · Publicacións/Recursos · Recursos para traballar a alternativa á relixión

Intencións desta guía de recursos testttt


Esta guía realizouse coa intención de servir como axuda aos Centros Educativos á hora de concretar as medidas organizativas que requiren as sesións de alternativa á relixión.
 
Entendemos que será de moita utilidade á hora de desenvolver actividades para unha sesión que se atopa pouco ou nada definida e na que as/os docentes se ven necesitadas/os de recursos claros, estruturados e netamente educativos. A actual disrupción ou baleiro educativo non é unha opción.
 
Estas actividades deben figurar na Programación Xeral de Centro e o claustro deberá elixir aquelas que se van desenvolver nos diferentes niveis, comprometerse coa súa programación e facelas constar para informar adecuadamente as nais e pais durante a matriculación.
 
A lexislación vixente establece que as nais, pais ou titores o inicio da Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria manifestarán a vontade de que as súas fillas e os seus fillos reciban ou non ensinanzas de relixión. Esta decisión, que poderá ser modificada ao principio de cada curso académico (durante o mes de setembro) mediante escrito dirixido á dirección do centro docente, e arquivarase no correspondente expediente académico.
 
O alumnado que non solicitou que lle sexan impartidas ensinanzas de relixión, serán atendidos por unha profesora ou profesor do centro, que dirixirá e orientará actividades educativas alternativas axeitadas á idade do alumnado. Esta atención, en ningún caso, comportará a aprendizaxe de contidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a ningunha área da etapa. Concretamente a lexislación establece que:
 “Os centros docentes disporán as medidas organizativas para que os alumnos e as alumnas cuxos pais ou titores non opten por que cursen ensinos de relixión reciban a debida atención educativa, a fin de que a elección dunha ou outra opción non supoña discriminación algunha. Dita atención, en ningún caso, comportará a aprendizaxe de contidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a calquera área da etapa. As medidas organizativas que dispoñan os centros deberán ser incluídas no seu proxecto educativo para que pais e titores coñézanas con anterioridade.”
 
Cremos oportuno que se teña en consideración que unha Actividade Educativa para cumprir como Debida Atención Educativa debe plasmar na súa redacción os seguintes requisitos:

Propor uns obxectivos útiles e claros para a educación.
Dispor dunha programación, un programa, unha secuencia de accións encamiñadas ao obxectivo que se pretende lograr. Debe ter unha estrutura organizada e sistemática e un criterio de intencionalidade educativa.
Expor as competencias básicas e aqueles contidos que van impartirse.
Servirse de estratexias metodolóxicas adecuadas.
Indicar as condutas que se esperan do alumnado.
Expor as necesidades en recursos e materiais facilitados.
Establecer ritmos de traballo apropiados no desenvolvemento do curso.
Expor métodos de avaliación pertinentes

Esperamos que esta guía sirva como estímulo e orientación xeral. Os obradoiros que presentamos pódense desenvolver no sentido en que se expoñen ou adaptarse ás necesidades do grupo ou á iniciativa da/o docente.  Non están todas os posibles e, desde logo, pódense engadir aqueloutras actividades educativas que vos parezan oportunas. Neste sentido a guía permanece viva e aberta ás aportacións que todas e todos vós queirades facer.

Buscamos facilitarlle o traballo ao profesorado para que se oferten obradoiros e actividades o suficientemente atractivos para ser quen de ir aumentando pouco a pouco a asistencia. O profesorado ten moito que dicir e que facer, xa que na súa man está non converter estas horas en “clase de nada”.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza