STEG ó día · STEG opina

01-10-2020

Luces e sombras para o ensino público

Publicado o novo Real Decreto-Lei polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito do ensino non universitario:

O Ministerio vén de aprobar este RD-L sen ningún tipo de negociación, aínda cando o día anterior ao Consello de Ministros houbo unha Mesa de negociación sen que fixeran mención ningunha ao mesmo. Non podemos máis ca lamentar este feito, que constitúe un profundo desprezo cara ás organizacións sindicais do profesorado cando o goberno actual é, na teoría, un goberno progresista e de esquerdas.
Para o STEG, no entanto, hai algunhas boas novas neste RD-Lei como son a supresión de forma permanente das probas finais de Primaria e ESO, que sempre valoramos moi negativamente desde o punto de vista pedagóxico; ou a asunción das plenas competencias pola Administración galega de aspectos tan importantes como a promoción e a titulación no ensino galego. Porén, moito tememos que a nosa Consellaría non exerza as súas competencias plenamente, descargando toda a responsabilidade no Ministerio e botando, como outras veces, balóns fóra.
Levamos tempo esixindo desde o STEG unha Mesa de negociación coa representación sindical para consensuar un rumbo fixo e claro entre toda a comunidade educativa durante este período excepcional derivado da pandemia. Agora, novamente, temos outra imperiosa necesidade de acordar aspectos tan relevantes como a modificación e adaptación dos currículos escolares, a promoción ou a titulación, así como a contratación de profesorado ou o acceso á función pública docente. A Consellaría non pode ficar ausente máis outra vez, e non será porque non llo demandamos continuamente.

No mesmo sinálase que entra en vigor o 1 de outubro do 2020 e estará vixente até que finalice o curso académico no que deixen de concorrer as circunstancias extraordinarias da Covid19 e modifica aspectos fundamentais do ensino regulados por normativa estatal:


CONTRATACIÓN DE PROFESORADO:
A Consellería deberá determinar as necesidades de novas prazas nos centros pola Covid-19 e estas prazas poderanse cubrir (sempre de se agotaren as listas de substitucións) con profesorado sen a titulación pedagóxica e didáctica. O seu nomeamento será excepcional.
Para o STEG esta postura degrada o traballo docente pois establece que para exerca profesión só cómpre ter coñecementos teóricos sen ningún tipo de formación pedagóxica. No caso de ter sido negociado coa representación sindical poderíanse acordar medidas excepcionais como asegurar uns cursos de formación pedagóxica obrigatorios para este persoal durante este ano académico, por exemplo.


OPOSICIÓNS

 

As Oposicións convocadas por Ofertas de Emprego publicadas entre 2017 e 2021 aplicarase a Disposición Transitoria 3ª do Regulamento de ingreso nos corpos docentes (RD 276/2007) o que implica:

 

1. Os temas extraídos no sorteo da parte 1 serán 3 (temario <25 temas), 4 (25-50 temas), 5 resto. De eses temas a aspirante escollerá un para desenvolver.
2. Baremo de oposicións: experiencia profesional (7 puntos), formación académica (5 puntos), outros méritos (2 puntos); máximo de 10 puntos.
Para o STEG é a mostra da falta de vontade política do Ministerio á hora de abordar o acceso á función pública docente e a consolidación do emprego interino. Estase prorrogando o sistema de acceso que aprobara o goberno do PP no 2017 e ao que o PSOE se mostrara contrario, comprometéndose a mudalo cando chegase ao goberno. Lembremos que daquela o STEG xa criticara esta medida e defendera unha vez máis a necesidade de establecer un modelo de acceso diferenciado. Está fórmula non soluciona o problema de milleiros de persoas interinas que continúan nunha situación de inestabilidade á que a vía do acceso diferenciado contribuiría significativamente na súa solución.


CALENDARIO ESCOLAR

 

 

Contan como días lectivos aqueles nos que haxa atención e apoio ao alumnado tanto presencial como a distancia a efectos do calendario escolar.


ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO

 

 

 

 

1. Os estándares de aprendizaxe terán carácter orientativo para os centros.

2. A Consellaría poderá modificar os criterios de avaliación (CA) de cada curso potenciando os relevantes.
3. Os centros, en función do regulado pola Consellaría, poderán modificar excepcionalmente os criterios de promoción en todos os cursos de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato.
4. A repetición será unha medida de carácter excepcional, aprobada polo equipo docente.

 

 

 

5. A titulación non estará supeditada a ningunha materia suspensa, nin a un número determinado.

6. Suprímense de forma indefinida as avaliacións finais de primaria e secundaria.

FORMACIÓN PROFESIONAL, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

 

 

 

1.Cando non haxa empresas para facer as FCT poderase eximir destas o alumnado que acredite 6 meses de experiencia no sector.

 

 

2. Alternativamente ao punto anterior, poderase reducir ao mínimo de horas fixados nos RD dos títulos o tempo de FCT.
3. Se non for posíbel ningún dos puntos anteriores, poderase substituír por unha proposa de actividades asociadas á contorna laboral arredor dun proxecto a desenvolver polo alumnado.
6. Se non for posíbel continuar nun ciclo dual, permitirase mudar de modalidade a unha ordinaria mentres na empresa non se poida realizar a formación.
7. A Consellería poderá modificar os CA de cada módulo, así como adaptar os criterios de promoción e de titulación de cada ciclo formativo.

 

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: a Consellaría poderá integrar as prácticas externas co traballo fin de estudos ou outra materia práctica, así como adaptar os plans de estudos para adaptar o anterior.

 

 

ENSINANZAS DEPORTIVAS: a Consellaría poderá autorizar a redución excepcional do módulo de formación práctica até o mínimo de horas establecido no RD dos títulos.

Se non for posíbel realizar prácticas poderán substituírse por unha proposta de actividades asociadas aos módulos prácticos dos ciclos formativos.

 

 

 

ENSINANZAS DE IDIOMAS: a Consellaría poderá adaptar as condicións de promoción de curso e mesmo de acceso a un nível do alumnado, aínda sen ter obtido a certificación oficial correspondente do nivel anterior.

 

 

Tamén poderá adaptar os CA das probas de certificación sempre que se obteña un 50% no total e un mínimo do 50% en cada unha das partes.
Poderase adecuar medidas en data e número de convocatorias das probas de certificación para alumnado oficial e libre.


- documento en pdf

 

 

        COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
                                           1 DE OUTUBRO DE 2020

 

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza