O STEG, xunto coas demais organizacións que conforman a Plataforma pola defensa dos Servizos Públicos, convocan a todas aquelas persoas que defendan uns servizos públicos de calidade e estean en contra dos recortes que estamos a padecer neles, así como nos nosos dereitos, a manifestarse o vindeiro día
15 de outubro ás 19:00 horas, en todas as comarcas galegas.
LUGARES SAIDAS E HORAS:
A Coruña : Praza de Pontevedra ás 19:00 h (Esta terá a consideración de manifestación principal)
Compostela: Alameda ás 19:00 h
Ferrol : Praza de España ás 19:00 h
Lugo: Edificio Adtvo Xunta ás 19:00 h
Ourense: Pabillón dos Remedios ás 19:00 h
Pontevedra: Praza da Ferreiría ás 20:00 h
Vigo: Via Norte ás 20:00 h