STEG ó día · Campañas · Docentes con Palestina

Manifestación pro Palestina: Vigo, mércores 24 ás 20 horas

Manifestación pro Palestina: Vigo, mércores 24 ás 20 horas

Parar a barbarie

A Comisión Cidadá pro-Palestina de Vigo convoca unha manifestación para o mércores 24 de abril ás 20 horas, na cidade de Vigo, na que se solicita o fin do criminal asedio que está a sufrir o pobo palestino, baixo o lema VIGO CON PALESTINA, PARAR A BARBARIE.

O STEG sumouse a esta convocatoria, formada por mais de 30 organizacións de diferente tipoloxía e ideoloxía, na cal se deixan a un lado as diferenzas para centrarse na necesidade de axudar ao pobo palestino e reclamar que finalice a barbarie que está a sufrir, da cal todas e todos somos coñecedores.

Convócase a todas as persoas interesadas en contribuir a parar esta barbarie a unha manifestación que percorrerá o centro de Vigo o mércores 24 de abril, saíndo ás 20 horas do cruce de Vía Norte con Urzaiz e que rematará coa lectura dun manifesto na Porta do Sol

Achegamos cartaz da convocatoria por se queredes contribuir á súa difusión, sexa impreso ou compartindo en redes sociais

Podes asinar eiquí a petición lanzada ao respecto mediante change.org

Dende o STEG levamos meses denunciando a masacre que está a sufrir o pobo palestino e reclamando que se respecten os dereitos humanos conforme ao dereito internacional

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza