STEG ó día · Mobilizacións · 1º de Maio

Manifesto conxunto do STEG coas forzas sindicais alternativas

1º maio 2021

Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza - STEG
Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical - SF-Intersindical
Central Unitaria de Traballadoras – CUT
Confederación Xeral do Traballo – C.G.T.

O capitalismo: A auténtica Pandemia


Unha vez máis, este 1º de Maio, a sociedade ponse en marcha pola defensa dos nosos dereitos e liberdades. Nun ano marcado pola pandemia, máis que nunca se fai
evidente o verdadeiro valor dos servizos públicos: sanidade, educación, vivenda, servizos sociais, pensións, transporte, dependencia..., servizos que constitúen o piar fundamental do Estado de Benestar dunha sociedade. Esta debe ser unha cuestión de máxima prioridade política e social, independentemente do goberno que estea á fronte, e non poden ser privatizadas. Constitúen os elementos correctores das desigualdades que xera este capitalismo depredador da política neoliberal que nos ven impoñendo nos últimos anos a Unión Europea, que esixe a redución do financiamento dos servizos públicos a favor do sector privado, cun único propósito: favorecer os intereses de determinados organismos financeiros
e económicos.

Tras todos estes anos de políticas brutais, recortes,privatizacións, precariedade e deterioro progresivo nos sectores públicos esenciais e nos dereitos dos cidadáns, a COVID-19 tróuxonos de volta a unha crúa realidade, a que construíron aqueles que controlaron o xogo durante todos estes anos, a canibalización do Estado Social. Queremos unha economía que respecte o planeta e as persoas, que deixe de esquilmar o medio natural e a nosa vida; que non condene a cidadanía por seren migrantes, pobres ou non seren heteronormativas/os. Queremos un marco de traballo máis inclusivo e democrático, que contemple o traballo da xente nova e das mulleres, as máis vulnerables por seren vítimas da temporalidade nos postos de traballo, da desigualdade salarial, dos agravios comparativos e das manifestacións machistas.

Moitas son as loitas que temos aínda pendentes. Loitamos pola xustiza e a igualdade, pola non precariedade e contra a perda de dereitos dos traballadores/as, pola mellora das condicións laborais e a derogación da reforma laboral, unha reforma que abarata o despido e non da estabilidade aos traballadores/as. Non deixaremos de mobilizármonos ata recuperarmos todos os dereitos perdidos durante estes anos. Apostamos pola subida salarial e por un salario mínimo, pola recuperación do poder adquisitivo e por unha mellora da calidade de vida que reduza a pobreza e a desigualdade, e mellore a economía aumentando o consumo. Seguimos loitando pola redución da xornada laboral a 35 horas semanais, que en Galiza seguimos sen ter, unha clara discriminación inxustificable con respecto a outras comunidades que xa a teñen. Os gobernos autonómicos comprometéronse, hai máis de dous anos, a recuperar este importante dereito laboral subtraído durante os anos de crise; con todo a Consellería prefire non dar resposta a esta xusta e lóxica demanda dos traballadores/as. Pedimos a limitación ou eliminación das horas extras, un grave problema que obstaculiza a creación de emprego e que en moitos casos nen sequera son pagas.

Nun ano no que moitas empresas optaron polo teletraballo para continuar coa súa actividade laboral, a realidade é que pese á recente aparición da lexislación do traballo á distancia, en moitos casos continua sen respectarse a separación entre tempos de traballo e descanso, a intimidade ou as retribucións. Os teletraballadores/as deben ter os mesmos dereitos que os traballadores/as presenciais, e por tanto teñen dereito a horarios determinados, cun momento de inicio e finalización, e a non ter que realizar horas extraordinarias.
Reclamamos un impulso para o emprego xuvenil. Na actualidade un 40% da nosa xuventude está no paro, tiveron que emigrar para buscar traballo ou están en empregos temporais ou moi precarios. É absolutamente necesario renovar o persoal e impulsar o relevo xeracional no emprego. Non se pode pretender aumentar o emprego das novas xeracións e prolongar ao mesmo tempo a idade de xubilación. Nin deixan saír do sistema de traballo, nin deixan entrar. Por iso pedimos a volta á xubilación forzosa aos 65 anos e á non penalización da xubilación anticipada, penalización que contempla a reforma das pensións de Escrivá.

Mantémonos firmes na loita contra a privatización das pensións e consideramos unha prioridade blindar o Sistema Público de Pensións na Constitución e garantir a súa sostibilidade a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado. Reclamamos que se estableza unha pensión mínima e o mantemento do poder adquisitivo dos pensionistas. Seguimos loitando por uns Servizos Públicos de Dependencia, de Centros de Día e Residencias. Apoiamos as reivindicacións de colectivos de funcionarios como SAF, que denuncian a asignación de funcións reservadas para funcionarios públicos a persoal externo e alleo á función pública. Conciliar traballo e familia é aínda unha materia pendente. Con horarios moitas veces abusivos e a falta de flexibilidade nos mesmos, a maternidade e paternidade convértese nunha verdadeira carreira de obstáculos principalmente para as nais traballadoras, que continúan copando a responsabilidade do coidado dos nenos e das persoas dependentes. Seguimos traballando pola transparencia na xestión pública, polo combate real da fraude fiscal, polo control público da enerxía, por un sistema xudicial independente, pola derogación de leis que recortan dereitos dos cidadáns, como a Lei Mordaza, que só pretende pecharnos a boca.

Que esta experiencia do Covid-19 nos sirva para blindar uns servizos 100 % públicos, gratuítos, e universais.
Seguiremos loitando, ninguén nos vai parar. Sen loita non hai conquista.
QUE VIVA o 1º de maio!!!

- texto en pdf

Manifestación en Vigo ás 11 da mañán dende a Praza de Fernándo o Católico ate a Praza da Estrela

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza