Curso homologado:
Curso homologado de 20 horas dirixido a docentes de todas as ensinanzas
Temporalización: 23/01/2023 - 5/03/2023
Lugar: En rede
Prezo: 20 € para afiliadas, 50 € para non afiliadas
Nº mínimo de participantes: 50
Data límite de inscrición: 16/01/2023
OBXECTIVOS
- Proporcionar os coñecemento básico para detectar de forma temperá os niveis de ansiedade e estrés no alumnado.
- Dotar de ferramentas para manter un nivel de estrés controlado na aula e reforzar a capacidade para xestionar estados de alteración emocional.
CONTIDOS:
1. As emocións e as súas formas de manifestación: reaccións fisiolóxicas do organismo, sensacións e emocións negativas, interpretacións ou ideas distorsionadas, exhibición de comportamentos desadaptativos.
2. Contextos estresantes na adolescencia: o acompañamento a través da narrativa efectiva e afectiva. A escoita activa das emocións e das vivencias, e a validación do estado emocional do noso alumnado.
3. Ferramentas para a detección e intervención co alumnado: empatía, escoita activa, técnicas cognitivas de control emocional, desarticulación de ideas irracionais, etc.
4. Medo, tristeza, ansiedade... non apetecen, pero imos falar de perder o medo ás emocións con “mala fama” 5. A empatía, o cordón emocional co noso alumnado