STEG ó día · Mobilizacións · Outras Mobilizacións

Mércores 26 de setembro en Vigo

Convocatoria de xornada de loita

O vindeiro mércores, 26 de setembro, o STEG xunto con outras organizacións, chamamos ao conxunto das traballadoras e traballadores, persoas en paro, pensionistas, estudantes, colectivos de desafiuzados, inmigrantes, e compoñentes de movementos sociais para que participen na xornada de de loita convocada polo sindicalismo de clase e alternativo para o día 26 de setembro. A manifestación sairá da praza de Fernando Católico en Vigo ás 20:00 horas.

Consideramos imprescindible propor, de forma coordinada, un calendario de mobilización permanente que tenda a unificar as diversas loitas, a recoller as propostas feitas dende os movementos de base e asemblearios. Para iso, convocamos para o día 26 de setembro esta xornada de loita e para iso imos impulsar asembleas, paros, manifestacións.,. que debatan ademais sobre a posibilidade dunha convocatoria de Folga Xeral.

Esiximos a derrogación de todos os Decretos (Reformas Laborais e recortes salariais, recortes en sanidade, en educación, servizos sociais, medidas fiscais, dereitos vulnerados das persoas inmigrantes, ...) por considerar que atentan contra os dereitos e liberdades da clase traballadora e da sociedade no seu conxunto e benefician en exclusiva aos poderes económicos.

Por todo iso, plantexamos:
- Non pagar a débeda nin os seus intereses. Esiximos unha auditoría da mesma e penas de cárcere para os culpables. Esiximos a nacionalización da Banca e a creación dunha Banca Pública.
- Rexeitamos rotundamente as medidas represivas que, de xeito crecente, veñen tomando contra os activistas sociais e sindicais que se opoñen ás medidas do goberno.
- Contra a reforma laboral e contra os recortes salariais.
- Negativa a seguir solicitando diñeiro para dedicalo ao sistema financeiro.
- Defensa dos servizos e empresas públicas (así como terras públicas e outros bens). Non á súa deterioración nin á súa privatización.
- Persecución da fraude fiscal. Non ás amnistías.
- Pola igualdade de dereitos dos inmigrantes.
- Contra a exclusión social e a pobreza. Que as clases populares teñan acceso garantido a: alimentos, auga, medicamentos (sanidade), libros (educación e cultura) e vivenda.
- Construción dunha alternativa social e política, de democracia directa, que defenda os intereses das clases populares.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza