Mesa Sectorial do 5 de xuño de 2014
De maneira unitaria as organizacións sindicais propuxeron á Consellaría que se tratasen na Mesa de hoxe os puntos 4, 5 e 6 (Calendario escolar e ordes de elección de provisionais para o curso que vén) e que se convocase unha nova mesa para tratar os currículos de primaria e FP Básica, de onde resultaría un texto que sería o documento sobre o que tería que emitir ditame o Consello Escolar de Galicia, como é preceptivo, e que de non o facer así abandonaríase a Mesa, pois o resultado da mesma, en relación a estes puntos, non tería ningún efecto.
As organizacións sindicais tamén denuncian que a Mesa Sectorial docente foi convocada con menos de 48 horas de antelación, e que documentación de transcendental importancia, a proposta de horario do profesorado, foi enviada despois desa convocatoria, polo que non se cumpriron os prazos legalmente establecidos. A maiores, estamos diante dunha mesa convocada ás 12 da mañá con 7 puntos na orde do día, entre eles algúns tan importantes como os xa citados currículos de Primaria e FP Básica.
Temas a tratar:
Orde Calendario escolar 14-15
Adxudicación destinos provisionais:
Secundaria -
Primaria
Borrador Decreto de currículo de Ed. Primaria -
Horario Primaria
Borrador Decreto que regula a FP Básica