O Apalpador

Nos últimos anos, grazas ao traballo de José André Lôpez Goncález, nas vilas de Galiza estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador, un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.