16-12-2014 O MECD cede ás presións sindicais
Proxecto de Real Decreto de Especialidades de Secundaria
O MECD anunciou hoxe, na xuntanza cos diferentes sindicatos da mesa de negociación, que presentará un novo proxecto de decreto de especialidades docentes do profesorado de secundaria.
O STEG rechazou con claridade e rotundidade o primeiro proxecto de decreto por, entre outras cousas, considerar que non se pode obrigar ao profesorado a impartir docencia nunha materia diferente á da súa especialidade. Entendemos que o MEC mudou drásticamente a súa posición pola presión exercida polos sindicatos e o conxunto do profesorado, que víamos nese proxecto un grave ataque á calidade do ensino.
O MECD anunciou que o novo proxecto de decreto de especialidades terá un carácter exclusivamente técnico, trasladando á normativa vixente os cambios nas materias que impón a nov lei de educación.
O STEG, no momento no que teñamos o novo proxecto, o difundiremos e consultaremos co profesorado as decisións a tomar ao respecto do mesmo.
Secretariado Nacional do STEG
16 de decembro de 2014