Profesorado · Profesorado interino · Información general

 O STEG INSTA AOS PARTIDOS DO PARLAMENTO A DESBLOQUEAR NOS ORZAMENTOS  O SALARIO DOS MESES DE VERÁN DO PERSOAL INTERINO

O STEG INSTA AOS PARTIDOS DO PARLAMENTO A DESBLOQUEAR NOS ORZAMENTOS O SALARIO DOS MESES DE VERÁN DO PERSOAL INTERINO

O STEG INSTA AOS PARTIDOS DO PARLAMENTO A DESBLOQUEAR NOS ORZAMENTOS  O SALARIO DOS MESES DE VERÁN DO PERSOAL INTERINO

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza vén de solicitar un encontro cos representantes dos grupos políticos con representación no Parlamento de Galiza, co fin de trasladar unha serie de puntos que deben ser modificados na Lei de Orzamentos para 2025 e que teñen especial relevancia para a situación do persoal interino e substituto dependente da Consellaría de Educación.

Desde o STEG vense denunciando como, a diferenza doutras comunidades autónomas, en Galiza mantense vixente a suspensión do dereito do persoal interino que traballe máis de cinco meses e medio a cobrar os meses do verán. Tal dereito, recollido no acordo asinado en 1995 pola Consellaría e distintas forzas sindicais sobre as condicións de traballo do persoal docente interino, foi suspendido en 2012 ao abeiro dos paquetes de recortes vinculados á situación de crise económica sufrida naquela altura. Mais esta suspensión, que debería ser puntual e extraordinaria está a converterse en permanente, empregando a Lei Orzamentaria para perpetuar o que desde o STEG consideramos unha discriminación ao persoal interino.

Dende o sindicato enténdese que o cese do persoal interino a 30 de xuño resulta contrario ao principio de igualdade e non discriminación entre persoal fixo e persoal de duración determinada. Esta situación é aínda máis sangrante se se ten en conta que na práctica totalidade do resto de comunidades autónomas o persoal interino ten recuperado o seu dereito a cobrar os meses do verán.

Por todo isto, o STEG celebrará o próximo 23 de setembro unha asemblea co persoal interino e substituto afectado para estudar as posibles accións a emprender.

Así mesmo, vén de poñerse en contacto cos principais partidos políticos do Parlamento (PP, BNG e PSdG), para informalos da situación e tratar de estudar posibles emendas á lei orzamentaria que se terá que aprobar en decembro de 2024.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza