STEG ó día · STEG opina

22-03-2018

O STEG REXEITA O MÁIS QUE PROBÁBEL DITAME QUE AMPARARÍA OS CONCERTOS DOS CENTROS QUE SEGREGAN POR SEXOS

CONCERTADA E SEGREGACIÓN POR SEXO

O goberno do Partido Popular está a piques de acadar un ditame favorábel sobre os artigos máis polémicos da LOMCE no Tribunal Constitucional, pero iso só significa que a Lei Wert non entra en conflito co articulado da Constitución Española. Non é o noso labor cuestionar as decisións dos tribunais, pero queremos lembrar que, por moi legal que sexa:

 

- A LOMCE é unha lei adoutrinadora nos principios máis execrables do neoliberalismo e da competitividade individual, que busca tan so resultados academicistas en lugar de que a escola pública sexa un servizo que forme a unha cidadanía responsable e autónoma.

 

 

- A LOMCE blinda os privilexios medievais que a igrexa católica ten no eido educativo, tanto a nivel curricular coma a nivel de outorgar inxentes cantidades de cartos públicos, o que é totalmente contrario á suposta aconfesionalidade do estado español.

 

 

- A LOMCE é unha lei segregadora, que afonda nas desigualdades e que busca unha dobre vía para o ensino: cunha rede pública completamente baleirada de recursos e saturada co alumnado de nivel socioeconómico máis baixo; e unha rede de ensino privado-concertado reservado para unha elite, e que non precise nin sequera ter máis calidade (coma demostran todos os estudos nos que se comparan resultados académicos corrixindo o sesgo socioeconómico).

 

 

- A LOMCE é unha lei aprobada de costas á comunidade educativa, e que conta só coa aprobación do ensino relixioso-concertado, tal e como se demostrou nas rúas e en numerosas accións de protesta durante os anos que leva aprobada.

 

 

En definitiva, a LOMCE debe ser derrogada xunto cos seus recortes, non nos serven nin pactos educativos nin parches que modifiquen o que xa hai. Debe ser derrogada, para deixar paso a unha nova normativa que xurda da negociación e do consenso con todos os actores da comunidade educativa.


Dende o STEG nunca nos cansaremos de berrar NON Á LOMCE!

- documento en pdf

 

 

 

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

 

 

20 DE MARZO DE 2018

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza