O STEG agradece a participación e anima a seguir loitando contra a contrarreforma educativa
Concentracións 13 de decembro contra a LOMCE
O STEG participou onte nas distintas concentracións levadas a cabo pola Plataforma en Defensa do Ensino Público en todo o país.
Estas mobilizacións mostran, unha vez máis, o rexeitamento de toda a comunidade educativa a este novo anteproxecto. Desde o STEG unímonos a este rexeitamente por considerar que non vai mellorar a calidade do ensino, senón que empeorará as condicións nas que o alumnado recibe as clases, potenciará a relixión católica e o ensino privado, e fará recuar o ensino no resultado do que máis nos podemos gabar: a equidade.
O STEG quere agradecer a todo o profesorado e a comunidade educativa que se uniu a estas concentracións a súa presencia e animalos a participar en todas as mobilizacións que se convoquen para dicir NON a esta contrarreforma educativa.