STEG ó día · STEG opina

12-04-2018

O STEG apoia as mobilizacións do colectivo e lembra a súa posición ao respecto

Profesorado interino

Dende o STEG queremos expresar o noso apoio ao colectivo de profesorado interino, ameazado por unha transitoria-trampa que suporá un ERE masivo. Reiteramos o noso compromiso de esixir iguais dereitos para igual traballo, reclamando unha garantía de estabilidade para o profesorado que leva anos traballando e demostrando a súa capacidade e experiencia laboral.

Esiximos a retirada do RD de acceso docente, que na práctica suporá que moitas persoas con anos de experiencia van perder o seu posto de traballo, lembrando a nosa aposta por un modelo de acceso diferenciado, unha reivindicación que o STEG leva moitos anos defendendo xa, que garantice igualdade de oportunidades entre as prazas de acceso libre e as prazas para persoal interino.

Non podemos esquecer que este problema é consecuencia dos sucesivos anos de recortes que se cebaron co colectivo máis vulnerábel e máis perxudicado pola diminución de postos docentes e o aumento das ratios e dos horarios.

Entendemos, non obstante, o desencanto que existe dentro de persoas pertencentes a este colectivo respecto ás organizacións sindicais ao non ver respostas claras ás súas demandas, pero queremos lembrar que o STEG historicamente veu defendendo claramente a opción que xulga a máis axeitada para este colectivo. Tamén, que o STEG é un sindicato asembleario, e que calquera persoa afiliada está convidada a participar nos nosos órganos de goberno e expoñer o seu punto de vista e as súas reivindicacións, polo que animamos a calquera persoa que queira ver as súas demandas escoitadas a que participe abertamente na nosa toma de decisións.

É momento de sumar, non de dividir, polo que o STEG apoiará as mobilizacións que o colectivo de profesorado interino e substituto leve a cabo tanto a nivel estatal coma en Galiza.


    Dende o STEG nunca nos cansaremos de berrar NON Á LOMCE!

-documento en pdf                              
                                               
                                                                                                       Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
               
10 de abril de 2018

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza