STEG ó día · Mobilizacións · Recortes Servizos Públicos

O STEG chama a mobilizarse o 29 de abril en defensa da sanidade e a educación públicas

Ante os recortes que se están a aplicar na educación e na sanidade, que supoñen un recorte drástico de dereitos, desde o STEG facemos un chamamento a toda a cidadanía para se mobilizar e amosar ao goberno do Estado e ao da Xunta o noso rexeitamento total polo aumento da desigualdade e a inxustiza social que provocarán.


MANIFESTACIÓNS DO 29 DE ABRIL

- A CORUÑA: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza da Palloza e remate na praza do Obelisco.
- FERROL: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza do Inferniño e remate na praza de Armas.
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Manifestación ás 12 horas. Saída da Alameda e remate na praza das Praterías.
- LUGO: Manifestación ás 12 horas. Saída do edificio sindical (rolda da Muralla) e remate na Subdelegación do Goberno.
- BURELA: Concentración ás 12:30 horas na praza do Concello.
- OURENSE: Manifestación ás 12 horas. Saída do Pavillón dos Remedios e remate diante da Subdelegación do Goberno.
- PONTEVEDRA: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza da Ferrería e remate na Subdelegación do Goberno.
- VILAGARCÍA DE AROUSA: Manifestación ás 12 horas. Saída da avenida da Mariña e remate na praza da Ravella.
- VIGO: Manifestación ás 12 horas. Saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e remate diante do edificio administrativo da Xunta.


Permanente do Secretariado Nacional do STEG

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza