12-06-2015 O STEG condena este tipo de actos
Episodio de violencia contra unha mestra
Un episodio de violencia contra unha mestra (insultos e golpes) do CEIP Princesa de España, de Verín, saldouse coa detención da nai e aboa dunha das alumnas da citada mestra.
Nun comunicado, o claustro del CEIP condenó contundentemente o ataque á mestra pero limitó o acontecido a un caso particular. «A pesares da extrema gravidade do sucedido, trátase dun feito extraordinario que afecta a unhas persoas en concreto e que en ningún caso facemos extensivo ó resto das familias». Docentes e escolares protagonizaron una concentración no centro educativo portando unha pancarta na que se lía «Non a violencia ao profesorado. Si ao respecto».
O STEG solidarízase coa mestra e co CEIP aludidos e condena todo tipo de actuacións violentas que non levan a ningures. Na nosa sociedade existen cauces para denunciar aquelo que entendamos que non se fai ben desde o funcionariado; empreguémolos e esquezámonos da violencia.
Temos claro que son episodios extraordinarios e que o nivel de conflictividade entre nais/pais e profesorado é moi pequeno, pero temos que concienciar a toda a sociedade de que non podemos permitirnos actuacións deste tipo, posto que tamén afectan á educación das nosas crianzas e á comunidade educativa en xeral.
Secretariado Nacional do STEG
xuño de 2015