As persoas expertas consideran que a industria papeleira é unha das que máis degrada o medio ambiente, tanto polo elevado consumo de auga e madeira, que contribúe á deforestación, ao monocultivo de especies de alto rendemento, á destrución de bosques autóctonos e á desertización; como pola vertedura de substancias tóxicas ao aire, o chan e os ríos.
Segundo a documentación presentada á Xunta e ofrecida a exposición pública a través do Diario Oficial de Galicia, Altri ocupará unha parcela de 366 hectáreas de parcelas xunto ao río Ulla e o Camiño de Santiago que serán compradas ou expropiadas aos seus propietarios. A instalación terá capacidade para producir 400.000 toneladas de pasta de celulosa e outras 200.000 de tecido semisintético lyocell.
A pleno rendemento, a planta extraerá cada día 46 millóns de litros de auga do río Ulla. Para iso, procesará cada ano 1,2 millóns de toneladas de eucaliptos, a especie que chegou a Galicia desde Australia hai 175 anos e que xa ocupa ao redor dun terzo de toda a superficie arborizada da comunidade. Ademais, a rendemento máximo, a planta extraerá cada día 46 millóns de litros de auga do río Ulla, que canalizará a través de doce quilómetros de tubaxes que afectarán a outras 800 parcelas. Dese volume devolverá ao río 30 millóns de litros diarios de augas residuais depuradas a unha temperatura de 27 graos. Do Ulla abastécense de auga potable arredor de vinte de municipios galegos desde o seu nacemento no interior de Lugo ata a súa desembocadura na ría de Arousa, en Pontevedra, que tamén sufriría que terán as verteduras da factoría sobre os ecosistemas do estuario. O proxecto tamén contempla a emisión á atmosfera de gases de xofre, óxido de xofre, óxido de nitróxeno, monóxido de carbono e partículas doutros compostos tóxicos.
O STEG manifesta o seu total rexeitamento á realización deste proxecto que compromete gravemente o ecosistema do país e é contrario ás políticas de sustentabilidade e defensa do territorio que deberan orientar calquera acción dun goberno galego. Ao tempo, manifestamos o noso firme apoio ás iniciativas e mobilizacións en camiño para obrigar a Xunta a acabar con esta atropelo.
COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG 10 DE ABRIL DE 2024