STEG ó día · STEG opina

23-12-2020

O STEG diríxese por carta ao Conselleiro de Educación

PROFESORADO TÉCNICO DE FORMACIÓN PROFESIONAL:

O STEG vén de dirixirse por carta ao Conselleiro de Educación na mañá de hoxe mércores 23 de decembro, logo de reunirse onte martes á mañá con José Luís Mira, responsábel de FP da Consellería e de ter coñecemento do correo enviado ao profesorado técnico de FP por José Luís Canosa, subdirector xeral de Educación, na tarde de onte.


Este é o contido íntegro da carta remitida.

 

 

Prezado señor Conselleiro de Educación:
Dende o STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) dirixímonos a vostede para facelo partícipe da nosa preocupación, logo de ter constancia este sindicato no día de onte, martes 22 de decembro, da comunicación remitida por correo electrónico a gran parte do profesorado técnico de Formación Profesional dende a Subdirección Xeral de Recursos Humanos (asinada por José Luís Canosa Baldomir).
Na mesma, o órgano referido comunícalle ás interesadas que non consta na base de datos a súa titulación, instándoas no prazo de cinco días hábiles a notificarlle a mesma á Consellería, no caso de dispoñer dela, a través da aplicación informática ou por calquera outro medio legalmente establecido. A este respecto, o STEG ten todo interese en trasladarlle varias cuestións de xeito urxente, no camiño de que vostede interceda activamente en favor de arredor de 1500 persoas que poderían ver minguados os seus dereitos laborais, no caso de que a Proposta de Lei da LOMLOE non se implemente e substancie axeitadamente dende o momento actual até a súa aprobación definitiva, proceso no que necesariamente deberá participar canda o Goberno a Consellería da que vostede é o seu máximo responsábel.
De non haber modificacións que corrixan a situación, o profesorado técnico pertencente ás especialidades para as cales non existe unha oferta pública de titulación correspondente, quedará nun corpo abocado á extinción, situación que danará tamén gravemente a calidade da oferta educativa para estas especialidades da Formación Profesional.
Por este mesmo motivo, onte martes día 22 de decembro, o STEG mantivo unha reunión con José Luís Mira, responsábel de FP da Consellería, onde lle demos traslado das razóns que agora lle escribimos e que pasamos a enumerarlle, que virían a corrixir o que non podemos entender coma outra cousa que un despropósito –nos termos actuais-. Así, entendemos:
1. Que as persoas funcionarias de carreira pertencentes na actualidade ao corpo de profesoras/es técnica/os de formación profesional que posúan as titulacións previstas no artigo 95 ou aquelas que se habiliten xomo equivalentes en atención ao disposto na Disposición Adicional Novena, sexan asimiladas de xeito “automático” no corpo de profesorado de secundaria.
2. Que cómpre habilitar vía Real Decreto polo que se regula o acceso ao corpo docente de titulacións habilitantes, aquelas especialidades nas que non exista oferta pública abondo de grao universitario ou equivalente con suficiente implantación nos territorios e no tempo.
3. Que A LOMLOE outorga carácter de excepcionalidade á figura da profesora/or especialista, cinguíndose as necesidades do sistema. A tal efecto, e dada a grave precarización que supón esta figura, incídese que non se poidan cubrir con esta figura ningunha das especialidades do profesorado técnico de formación profesional.
4. Que resulta fundamental establecer as medidas correctoras necesarias para dar garantía de que ningunha docente interina á entrada en vigor da LOMLOE, se vexa afectada de maneira negativa polos cambios normativos introducidos por esta norma, xa que isto suporía a perda de docentes cualificadas e con experiencia.
Ademais, podería contemplarse algunha medida que, a través da negociación coa Universidade, puidese cristalizar nun “curso ponte” ou similar que puidese solventar a problemática sinalada da titulación, toda vez que no momento actual a oferta pública ao respecto é inexistente.
Agardando encarecidamente que teña en conta os motivos aquí expostos, reciba un saúdo cordial, quedando á súa disposición para avanzar conxuntamente nunha saída satisfactoria para o ensino público e as súas traballadoras e traballadores, atentamente,
COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG 23 DE DECEMBRO DE 2020
enlaces relacionados: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/12/23/centros-educativos-cierran-trimestre-incidencias-covid-19-esperadas/0003_202012G23P19991.htm
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/2240920/steg-reune-xunta-abordar-aplicacion-ley-celaa-desastrosa-formacion-profesional
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/148554-steg-cre-lei-celaa-erte-encuberto-ademais-ser-desastrosa-formacion-profesional
https://www.que.es/ultimas-noticias/sociedad/steg-reune-xunta-abordar-aplicacion-ley-celaa.html
+info:
Maica Couto
Secretaria de Confederación do STEG
663027333
compostela@steg.gal

 

 

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza