STEG ó día · Mobilizacións · Marchas da Dignidade

O STEG estará presente no Obradoiro

Marchas da dignidade - 29N

O STEG estará presente no Obradoiro o 29N

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza, STEG, participará o vindeiro sábado 29 de Novembro na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade para encher a praza do Obradoiro compostelán en demanda de “Pan, Traballo e Teito” para todas e todos.

Nutriremos concretamente a Columna Norte das Marchas, que partirá desde a explanada do antigo mercado gandeiro de Salgueiriños ás 11 da mañá. Alí estaremos coas nosas bandeiras.

Animamos a participar nesta mobilización a todo o profesorado comprometido co ensino público e a todos os demais segmentos da sociedade preocupados pola deriva do noso sistema educativo, que está a ser vítima dunha lei segregadora, elitista e privatizadora (a LOMCE), de constantes recortes e dun continuo deterioro por parte dos Gobernos central e autonómico. Mobilicémonos para esixir unha educación pública e de calidade para todas e todos.

Secretariado Nacional do STEG
Novembro de 2014

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza