O STEG exixe ao presidente do goberno que cese ao Ministro Wert
Exito da Folga e desautorización do Consello de Ministros á LOMCE
O STEG EXIXE A DIMISIÓN DO MINISTRO WERT TRAS O ÉXITO DA FOLGA E A DESAUTORIAZACIÓN DO CONSELLO DE MINISTROS Á LOMCE
O éxito das movilizaciones contra a contrarreforma educativa que supón a LOMCE, a chamada lei Wert, que culminaron na folga e nas masivas manifestacións do día 9 de maio, obrigaron ao goberno a repensar a oportunidade e o contido deste anteproxecto. Consecuencia disto é que non foi aprobada para á súa tramitación no Congreso dos Deputados, pese ao anuncio da súa aprobación realizado días antes polo Ministerio de Educación.
Para o STEG isto supón a constatación da desacreditación polo goberno do Ministro Wert, o que pon de manifesto que a súa lei non é asumida nin polo conxunto do goberno nin polo PP, pois saben que é rexeitada pola inmensa maioría da comunidade educativa por segregadora, elitista, privatizadora e recentralizadora.
O rexeitamento social á política educativa do Ministro Wert e o descrédito á mesma que supón a non aprobación do proxecto polo goberno esixe a dimisión ou o cese do Sr. Wert e a súa sustitución ao fronte do Ministerio de Educación por outra persoa con capacidade para negociar coa comunidade educativa.
O STEG, a través da súa Confederación, está en disposición de negociar medidas que dean solución aos problemas do sistema educativo, pero si o goberno se empeñase en manter ao Ministro Wert no seu cargo e a continuar coa tramitación da contrarreforma educativa, continuará coas movilizaciones en defensa do ensino público e en contra desta contrarreforma educativa.
Secretariado Nacional do STEG
Maio 2013