Profesorado · Xubilacions · Propostas

O STEG oponse á proposta de medidas harmonizadoras do Réxime de Clases Pasivas do Estado

O STEG oponse á proposta de medidas harmonizadoras do Réxime de Clases Pasivas do Estado

Ante a proposta de “medidas harmonizadoras do réxime de clases pasivas do estado” co réxime xeral da Seguridade Social (RXSS), que o goberno do Reino deu a coñecer o pasado 23 de marzo, o STEG manifesta a súa oposición a esas medidas debido a que implican a desaparición do réxime actual de xubilacións do réxime de clases pasivas.

As medidas agora propostas pretenden prolongar a idade de xubilación, pasando dos 65 anos aos 67, e aumentar os anos cotizados de 35 a 37 para ter dereito a cobrar o 100% da prestación por xubilación. Ademais, desaparece a xubilación voluntaria actual e non contempla a posibilidade da xubilación voluntaria LOE para o sector docente.

Neste sentido, o goberno pretende substituír a actual xubilación voluntaria, que recoñecía o dereito á xubilación con 60 anos e 30 de servizos, pola xubilación aos 65 anos con 38 anos e 6 meses de servizos ou por outra modalidade que posibilite a xubilación con 63 anos, acreditando 33 anos de servizos, á que se pode acceder cunha penalización dun coeficiente reductor do 1,875% por cada trimestre ou fracción que a persoa funcionaria adiante na idade da xubilación que lle corresponda. Esta penalización pode chegar ao 30%, aproximadamente.

Isto significa que todo o funcionariado do réxime de clases pasivas que se podía xubilar en 2013 con 60 anos e 30 de servizos xa non o poderá facer, posto que se establece un período transitorio a partir de 2013 até o 2021, que incrementa progresivamente a idade e o tempo de cotización. A partir dese ano, todo o funcionariado deberase xubilar aos 67 anos se quere manter o 100% da prestación por xubilación, momento en que se aplicarán os coeficientes reductores anteditos.

Non obstante, esta pretendida “harmonización” tan só é relativamente harmonizadoras, pois quedan fóra a xubilación parcial á que teñen dereito os traballadores e as traballadoras do RXSS ou a gratuidade dos medicamentos, á que tamén ten dereito o persoal adscrito ao RXSS.

Daquela, en tanto que esta medida se suma ao recorte salarial que afectou ao persoal empregado público en 2010 e se prorrogou no 2011, esta medida presentada agora polo goberno, que é unha consecuencia do Acordo Social e Económico asinado polo goberno coa patronal e as centrais sindicais maioritarias no Estado, supón un novo ataque ao persoal funcionario, sobre quen se pretende facer recaer as medidas, sempre favorables aos intereses dos sectores máis ricos da poboación, que está a propor o goberno para saír desta crise económica que nós non provocamos.

Por esta razón, o STEG, que mantivo unha oposición firme á política económica do goberno mobilizándose o pasado 27 de xaneiro, oponse tamén a este novo recorte, polo que emprenderemos todas as accións que sexan necesarias, intentando acadar a unión sindical, contra este novo recorte dos nosos dereitos.

 
Secretariado Nacional do STEG
Galiza, 23 de marzo de 2011

Pdf da coa nosa oposición á proposta
Pdf coa proposta de medidas harmonizadoras

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza