O STEG participa na manifestación das MMDD o 28 de maio en Lugo
As 12:00 horas na estación de autobuses
O STEG estará presente en Lugo o 28M
O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza, STEG, participará o vindeiro sábado 28 de maio na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade que percorrerá a Muralla romana en demanda de “Pan, Traballo e Teito” para todas e todos.
Animamos a participar nesta mobilización a todo o profesorado comprometido co ensino público e a todos os demais segmentos da sociedade preocupados pola deriva da nosa sociedade.
Para apuntarse nos autobuses que se van desprazar ata Lugo pincha
aquí.
Permanente do Secretariado Nacional do STEG
maio de 2016
O manifesto, podes lelo
aquí.